O contrato ascende a 16.925,02 euros (IVE incluído) e contempla unha limpeza xeral inicial dos areais, así como o mantemento diario posterior, incluíndo a recollida de desperdicios e outros residuos durante toda a tempada
Cariño, 22 de maio, 2026. O Concello de Cariño publicou a licitación do servizo de limpeza de praias para a tempada estival de 2026, un contrato fundamental para garantir o bo estado e mantemento dos areais do municipio durante os meses de maior afluencia de visitantes.
A actuación conta cunha subvención concedida pola Deputación da Coruña por un importe total de 16.925,02 euros. Esta axuda permitirá financiar integramente o servizo de limpeza de praias do municipio.
O contrato contempla unha limpeza xeral inicial dos areais, coa retirada de residuos e arrastres acumulados durante o inverno, así como o mantemento diario posterior, incluíndo a recollida de desperdicios e outros residuos durante toda a tempada. A licitación terá unha duración de dous meses e medio, cun orzamento base que ascende a 13.987,61 euros, máis 2.937,41 euros de IVE.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a importancia deste servizo para o municipio: “Las playas son uno de los principales atractivos naturales y turísticos de Cariño, y es fundamental mantenerlas en las mejores condiciones tanto para nuestros vecinos y vecinas como para las personas que nos visitan durante el verano”.
A rexedora engadiu que “esta actuación permite reforzar el compromiso del Concello con el cuidado del entorno y la calidad ambiental de nuestro litoral, garantizando unos espacios limpios, seguros y adecuados para el disfrute de todos”.























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



