Foz, 22 de maio de 2026. A voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto, saíu ao paso das declaracións do popular Javier Jorge Castiñeira sobre os exames de tráfico: “vexo a un Partido Popular completamente desnortado, sen referente. Castiñeira prefire facer mala política que interesarse ou pelexar polo mantemento e mellora de servizos no pobo. Cando sendo el alcalde en verán do 2015 o goberno de Mariano Rajoy anunciaba a centralización dos exames de conducir en Lugo, o grupo municipal socialista apoiouno e defendeu os intereses de Foz. Sen embargo Castiñeira votou en contra a finais do pasado ano 2025 do suplemento de crédito necesario para a informatización das aulas dos exames de conducir. Castiñeira é perfecto coñecedor da situación e do traballo que está realizando o goberno municipal coas autoescolas e co representante da Asociación de Autoescolas de Lugo José Soto”.
Ademais Inés López Couto aclara que “as pistas de Marzán están clausuradas pola Dirección Xeral de Tráfico por motivos de seguridade pola reducida separación a edificios e outros obstáculos. E as novas pistas no parque empresarial de Fazouro para os exames de camión, autobús e moto están pendentes de validación por este mesmo organismo”.
A voceira do goberno municipal remata comentando que “o PP segue a liña de intentar enlodar e prexudicar os intereses municipais como no pleno do pasado mes de abril, cando bloqueou que empresas e autónomos cobrasen polos traballos realizados ao Concello de Foz”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



