Hai conceptos que históricamente están asociados á sociedade galega porque foron e en gran medida seguen a ser Unha das súas características. Estoume a referir á autoxenreira. Unha actitude que aínda que hoxe está menos extendida, segue a ter o seu peso en certos segmentos da nosa sociedade e polo tanto, segue a condicionar a nosa realidade, porque nestas almas persisten moitas das rivas que determinaron o noso atraso e a nosa dependencia histórica e nas que Cabe salientar unha baixa autoestima e xa que logo o tan reiterado complexo de inferioridade, que por converterse cáseque nun tópico do noso carácter, coido que é merecente dunha reflexión.
O estudioso do comportamento humano Alfred Adler, estimaba que a forza principal do psiquismo está na tendencia que todo individuo ten á ” realización de si mesmo”. Pero na consecución deste obxectivo tropeza sempre coas súas propias limitacións, desenvolvendo deste xeito un sentimento de inferioridade, que lonxe de frustrado, constitúe unha motivación para superarse a si mesmo.
Pero no caso que nos concirne, como consecuencia dunha negativa experiencia histórica, amargamente sufrida polo pobo galego, a maioría das nosas xentes fóronse instalando nas súas propias limitacións. Situación que se foi consolidando co tempo por causa do que o investigador da psicoloxía positiva Martín Seligman, chama ” indefensión aprendida”, que non é máis que o sentimento da propia incapacidade para facer fronte ás situacións problemáticas que presenta a propia vida e que se foi proxectando de xeración en xeración. Deste modo, o normal sentimento de inferioridade trocou, por unha continuada situación de subordinación e dependencia, nun complexo de inferioridade. Este tipo de sentimento é unha patoloxía que se aprende para logo irse herdando ata transformarse en característica de todo un pobo.
Este complexo de inferioridade, inducido dende fóra e abonado no interior mediante distintos procedementos, foi engordando na maioría da nosa xente para acabar derivando nun fondo auto odio que tanto distorsionou a imaxe que os galegos e galegas tivemos e seguimos a ter de nós mesmos, da nosa cultura e do noso pobo, e xa que logo, das nosas posibilidades como país.
Esta é, dende logo, unha das eivas que tanto nos condicionaron históricamente e, en gran medida, nos segue a condicionar hoxe, porque nos continúa dificultando un desenvolvemento de seu, auto centrado, que ademais de benestar, forneza a nosa sociedade dunha razoable autoestima cara aos valores que nos son propios, e nos dea confianza en nós mesmos e no futuro do país. Porque temos potencialidades de seu para poder avanzar sen que nada nos límite fóra do que son as normais dificultades.
Trátase, xa que logo, de educar e persuadir para fornecer de autoestima colectiva a nosa mocidade e rachar coa pesada lousa que historicamente supuxo para o país o complexo de inferioridade sufrido e que segue aínda condicionando a nosa vida e a nosa actitude diante do que nos é propio por ser o froito da nosa historia.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



