Ribadeo, 27 de maio, 2026. O Servizo de Portos do Principado de Asturias promove un proxecto de escollera para a ampliación do Porto Deportivo de As Figueiras, actualmente en período de exposición pública. O proxecto contempla a construción dun muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 metros de altura, situado fronte ao porto actual, que sería parcialmente derrubado. Antes da obra prevese o dragado de 34.672 m³ de materiais sedimentarios para aumentar lixeiramente o calado. O investimento inicial estimado ascende a 3,6 millóns de euros, e o prazo de execución dependerá da resolución do expediente e doutros trámites pendentes.
O colectivo BIO Eo, con sede en As Figueiras, presentou un documento de alegacións no que sinala diversas carencias administrativas do procedemento e múltiples efectos negativos do proxecto, tanto na contorna inmediata como no conxunto da ría. As dúas asociacións asinantes, en coordinación con BIO Eo, remitiron un documento con 16 alegacións propias, que se suman ás 16 de BIO Eo, facendo un total de 32 alegacións. O texto incide especialmente nos inconvenientes para a navegabilidade da ría, nos efectos prexudiciais sobre o Porto Comercial de Ribadeo, nas importantes deficiencias de información ao Concello de Ribadeo e á Xunta de Galicia, nos impactos derivados do vertido dos dragados e noutras cuestións de relevancia ambiental e administrativa. O documento completo está dispoñible no blog “Ribadeando”.
Cómpre lembrar que o Principado de Asturias mantén desde hai máis de vinte anos un proxecto estratéxico de reforma de pequenos portos para convertelos en portos deportivos, amparado nun discurso de desenvolvemento turístico que, segundo as entidades alegantes, ofrece servizos de escasa transcendencia económica cun gasto desproporcionado. Consideran que este modelo responde máis a dinámicas clientelares que a programas participativos de aproveitamento dos recursos naturais e autóctonos.
Neste proxecto —como noutros anteriores— resulta especialmente rechamante o escaso peso que se concede aos impactos sobre a ría: os cultivos de ostras, a sedimentación, e a desaparición de especies tradicionalmente abundantes como berberechos, longueiróns, ourizos, polbo ou nécoras. Segundo o Estudo de Impacto Ambiental financiado polo Servizo de Portos de Asturias, estas especies ou ben non existen ou non se verán afectadas polas obras, unha afirmación que as entidades consideran inverosímil. Tamén a riqueza arqueolóxica da ría queda practicamente ignorada no proxecto, como se fose un elemento irrelevante.
Ademais, lembran que a ría conta con múltiples figuras de protección —ZEPA, Convenio RAMSAR, Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera, entre outras— que, na práctica, quedan reducidas a simples declaracións sen eficacia real na protección ambiental.
As dúas asociacións recorrentes subliñan que son plenamente conscientes da delicada realidade social das comunidades que rodean a ría e da conflictividade que poden xerar certos oportunismos se se adoptan posicións belixerantes. Porén, consideran que a defensa ponderada e realista dos dereitos das partes implicadas é lexítima e necesaria, sempre dentro das normativas vixentes e dos principios ético-sociais. Coherentemente, remitiron unha copia das alegacións ao alcalde de Ribadeo, coa proposta de que as traslade á Xunta de Galicia e sexan asumidas tamén polo propio Concello.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



