Trabada, 27 de maio de 2026. O Concello de Trabada continúa anunciando novas actuacións de mellora nas estradas municipais. Neste caso, os traballos desenvolveranse na parroquia de Sante, coa execución dunha primeira fase de actuación nos accesos ao núcleo da igrexa.
O proxecto, cun investimento de máis de 44.000 euros, permitirá actuar en tres accesos que comunican co núcleo da igrexa, mellorando o estado das vías e a seguridade da circulación.
As actuacións previstas inclúen a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente, o pintado completo das vías e a instalación de nova sinalización vertical.
En concreto, actuarase nos seguintes tramos:
– Do Teleclub de Sante ata o cruce da panadería
– Desde Penaquente ata O Prado
– Desde a igrexa ata o Rego de Louro
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos avanzando na mellora das nosas estradas municipais, executando proxectos que permitan renovar infraestruturas importantes para o día a día da veciñanza”.
Así mesmo, sinalou que “seguimos traballando para levar actuacións ás distintas parroquias do concello, mellorando as comunicacións e os servizos municipais”.





















Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.



