Mondoñedo, 27 de maio, 2026. O BNG de Mondoñedo levará ao próximo pleno municipal varias preguntas e rogos para reclamar solucións aos problemas de abastecemento de auga potable nos barrios do Monfadal e Maariz. Segundo sinala a formación, as traídas municipais que chegan a estas zonas carecen de tratamento de potabilización ou desinfección, e os depósitos presentan roturas, sucidade e ausencia de protección fronte a posibles contaminacións externas.
O voceiro municipal, Eloi Cabanas, considera “inaceptable” esta situación e insta o goberno local a actuar de inmediato e a requirir á empresa concesionaria a corrección das deficiencias. Lembra que a veciñanza leva máis dun ano trasladando estas queixas ao alcalde.
No barrio do Monfadal e A Fonte, o depósito municipal non está operativo e a entrada de auga ao depósito orixinal permanece anulada. Como solución provisional instalouse un depósito plástico sen blindaxe nin tratamento potabilizador previo antes de introducir a auga na rede.
No caso de Maariz, o depósito municipal está roto, non pode almacenar o volume para o que foi deseñado e tampouco dispón de ningún sistema de potabilización.
O BNG solicitará explicacións ao goberno municipal sobre a potabilidade da auga que chega a estes barrios e reclamará a suspensión do cobro da taxa de subministración mentres non se resolvan as deficiencias. Cabanas expresa a súa preocupación pola falta de actuación e afirma que esta situación “reflicte unha xestión municipal que xera frustración entre a veciñanza”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



