Nunha moción, o PSOE demanda “un posicionamento político do pleno en representación da veciñanza” ante a falta de resposta por parte da Xunta
Vilalba, 27 de maio de 2026. Os socialistas de Vilalba levan ao pleno municipal de mañá, xoves 28 de maio, unha moción co obxectivo de “fixar como posicionamento político do pleno da Corporación a necesidade de contar cunha estación de autobuses en perfectas condicións de mantemento, e cunha estratexia de mobilidade adaptada ás necesidades do concello”.
Despois de máis de dous anos de xestións por parte da alcaldesa, Marta Rouco, solicitando unha actuación na estación á Xunta, propietaria das instalacións, o PSOE leva mañá este tema á sesión e considera que “o pleno debe adoptar un posicionamento ao respecto deste problema”.
A moción también solicita “requerirlle á directora xeral de Mobilidade da Xunta, con carácter de urxencia, que remita resposta por escrito ao pleno sobre as actuacións ás que se compromete a Xunta en relación co estado da estación e a mobilidade en autobús na nosa vila”.
A situación actual da estación de autobuses “é dun completo abandono e desleixo por parte da Xunta de Galicia, administración competente no mantemento desta infraestrutura”.
Centros de ensino
Os socialistas levarán ao pleno de mañá unha segunda moción para demandar á Xunta “melloras estruturais urxentes” nos centros educativos.
O PSOE lembra que o concello ten as competencias para as tarefas de mantemento dos centros, pero lle corresponden á Xunta “as obras de mellora estruturais”, xa que as competencias de ensino son do goberno galego.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



