Ribadeo, 30 de maio, 2026. O BNG de Ribadeo anunciou que trasladou ao Consello de Contas as supostas irregularidades detectadas na xestión das obras do Hospital-Asilo. A formación nacionalista tomou esta decisión despois de que o goberno de Daniel Vega bloquease de maneira reiterada o acceso á información e incumprise a súa promesa de convocar con urxencia aos grupos municipais para ofrecer explicacións.
O portavoz municipal do BNG, Martín Graña, cualificou a situación de “escandalosa”. Segundo explica, a acta de comprobación das obras correspondente ao pasado mes de decembro constata oficialmente a existencia de partidas económicas pagadas por traballos que non foron executados.
“Estamos a falar de que supostamente se pagou con cartos públicos por traballos que son fume”, denunciou Graña, quen advertiu do risco extremo que isto supón para as subvencións vinculadas ao proxecto. “Se o Concello certifica e paga obras non feitas, Ribadeo enfróntase non só a un problema legal grave, senón ao perigo real de ter que devolver as axudas recibidas. Iso sería un buraco económico intolerable para o municipio e deixaría a obra a medias”.
O BNG lembra que o contrato establecía que a reforma do Hospital-Asilo debía estar completamente rematada en abril de 2025. Non só non se cumpriu ese prazo, senón que as obras permanecen paralizadas desde novembro de 2025.
“Detrás dos papeis e dos atrasos hai persoas e familias de Ribadeo que precisan un servizo social esencial. Mentres o alcalde vende fume, as instalacións seguen pechadas, as obras abandonadas e a xestión económica baixo sospeita”, criticou Graña.
Ante a gravidade dos feitos recollidos na acta de decembro, o BNG solicitou acceso ao expediente completo ata en tres ocasións desde febreiro, sen obter resposta. Pola súa parte, Daniel Vega comprometeuse a convocar unha Xunta de Portavoces para informar da situación, pero esa reunión aínda non foi convocada.
“Daniel Vega utiliza o ocultismo como escudo. Se todo estivese limpo e fose transparente, non tería medo de poñer os papeis enriba da mesa. Ao negarse a dar información e ao fuxir do control democrático, confirma que ten moito que agochar”, afirmou o portavoz nacionalista.
Por todo isto, e co obxectivo de protexer o patrimonio público e os intereses das veciñas e veciños de Ribadeo, o BNG puxo os feitos en coñecemento do Consello de Contas para que este órgano fiscalizador audite o destino dos fondos e as certificacións de obra. “O goberno local pechou as portas á transparencia, polo que nos vemos na obriga institucional e moral de acudir a outras instancias para aclarar ata o último céntimo pagado nesta obra”, concluíu Graña.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



