Ribadeo, 3 de xuño de 2026. A bandeira de Ribadeo será izada este venres, día 5 de xuño, cun acto institucional no que participarán os presidentes da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, Alfonso Rueda e Adrián Barbón, respectivamente.
A celebración deste acto foi anunciada polo alcalde ribadense, Dani Vega: “Ribadeo vai acoller un acto institucional este venres ás 11 da mañá no Concello. Será para izar a bandeira de Ribadeo, a primeira que vamos ter aprobada pola Comisión de Heráldica. Ademais imos renovar o escudo local, tamén aprobado pola Comisión de Heráldica”.
O rexedor municipal destaca que é un acto “cunha simboloxía moi importante, cunha carga institucional evidente, pero tamén con gran sentimento de localidade, de concello e cunha carga histórica moi profunda. Tamén vamos enviar unha mensaxe porque imos aproveitar esta ocasión para volver dicir con claridade que Ribadeo é a capital do encontro, un espazo que acolle sistematicamente a dúas comunidades autónomas: unha de pertenza, a nosa comunidade galega. Moitos veciños e veciñas veñen doutros concellos e doutras provincias a Ribadeo, pero tamén acollemos sempre aos nosos veciños asturianos. Por iso quixemos invitar ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Adrián Barbón, o presidente do Principado. Con iso enviamos unha mensaxe de unión, de acollida á comunidade do Principado amigo e tamén de traballo conxunto en moitas estratexias de comunidades autónomas, de investimento, de impacto económico, de medio ambiente, agricultura, tamén industrial; unha forma de traballar en defensa do noso, pero tamén de municipios, de inversións, de infraestruturas, de vías de comunicación, de impacto económico, de industria, como pobos que traballamos, entre Galicia e Asturias, baixo unha estratexia. E tamén acollendo sempre ós nosos veciños asturianos que veñen a Ribadeo todos os días. É unha forma tamén de darlles as grazas, de seguir dicindo que Ribadeo agradece e acolle ó pobo asturiano e tamén dicir con moita claridade que cun acto con esta simboloxía, cunha carga emocional profunda, enviamos outra vez unha mensaxe de unión”.
Dani Vega engade: “agradezo ao presidente da Xunta a súa presenza e tamén ao presidente Adrián Barbón por vir a Ribadeo outra vez máis. E agradezo aos medios de comunicación, neste caso á Voz de Galicia porque lidera os Encuentros en el Eo; a Lois Blanco, o presidente da Voz de Galicia, por acudir a Ribadeo, e ó director xeral do Sabadell por cofinanciar estes Encuentros en el Eo e tamén participar no izado da bandeira, acto ao que invitamos a todos os veciños e tamén aos visitantes. Por parte do Concello dous policías locais entregarán a bandeira aos presidentes de Asturias e de Galicia. Van ser Vicente García, o axente con máis antigüidade, e Alberto Díaz, que é o máis novo na nosa Policía. É un acto no que convido a participar a todos os veciños e a todos os visitantes, con ánimo e con alegría e tamén con sentimento da localidade que somos, Ribadeo, cunha carga histórica profunda, cun sentimento de vila e de concello moi importante”.
O alcalde de Ribadeo explica ademais que con este acto “volvemos enviar esa mensaxe de unión, de entendernos con todos, de estar nunha estratexia conxunta entre Galicia e Asturias. E, polo tanto, o noso agradecemento ao pobo asturiano por contar con Ribadeo, querer a Ribadeo e respectar o pobo no que vivimos”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.

