Ribadeo, 5 de xuño, 2026. A Feira da Ciencia de Ribadeo 2026 está a piques de celebrarse. O alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, CIFP Porta da Auga e IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unirán esforzos para converter Ribadeo nun faro de ciencia, lema da XXXI edición, que terá lugar os días 10 e 11 de xuño no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Así figura no cartel oficial, baseado nun debuxo do alumno Daniel Quirós e acompañado dun logo que simboliza o obxectivo común e a colaboración entre os catro centros educativos da vila.
A feira abrirá as súas portas ao público o mércores 10 de xuño, de 10:00 a 14:00 horas. A media mañá celebrarase a inauguración oficial, coa recepción das autoridades e unha homenaxe ao profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía da USC e recentemente distinguido coa Medalla do Consello da Cultura Galega 2026.
O xoves 11, a Feira da Ciencia contará coa visita de Sonia Villapol, neurocientífica do Texas Medical Center de Houston, quen impartirá a conferencia de clausura ás 13:00 horas, aberta ao público e titulada “Un cerebro activado, un cerebro de preguntas”.
Para o alumnado e profesorado dos centros ribadenses, resulta un orgullo contar coa presenza de dúas figuras destacadas da ciencia e da cultura galegas, ambas estreitamente vinculadas ao IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. O profesor Díaz-Fierros impartiu a Lección Inaugural do curso 2015-2016 e, desde entón, visita cada ano o centro, sempre con tempo, interese e agasallos para o alumnado, como demostrou na pasada edición da feira. Pola súa parte, Sonia Villapol participou de maneira virtual na XXVI Feira da Ciencia, en plena etapa post-pandemia, cando as limitacións impedían a súa visita presencial. Este curso, con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 2º ESO C —xunto co profesor de Física e Química, Iván Varela— propuxo nomear temporalmente a súa aula co nome da investigadora. A partir dese xesto, Villapol enviou un vídeo de agradecemento e ofreceuse a visitar o centro, polo que se decidiu convidala para impartir a conferencia de clausura.
En definitiva, a XXXI Feira da Ciencia de Ribadeo promete unha edición chea de contidos, experimentos e divulgación. O alumnado volverá ser protagonista e os centros organizadores traballarán para que Ribadeo continúe a ser, un ano máis, un faro de ciencia.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



