Ribadeo, 14 de xuño de 2026. Lucía Legazpi López, de Ribadeo, viaxará en setembro a Lanzarote grazas ao Pasaporte de Acisa. Esta novidosa campaña concluíu este mediodía co sorteo ante notario deste importante premio. Foi ás dúas da tarde na rúa San Francisco, desde o escenario de Nuevo Ritmo, o grupo que hoxe puxo a nota musical a este especial Domingueo en Ribadeo.
Exerceu de man inocente unha das compoñentes do grupo musical. O sorteo celebrouse ante a presenza da notaria Rocío de la Hera Ortega.
Na entrega da viaxe a Lanzarote participaron as concelleiras ribadenses Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así como as directivas de Acisa Manoli Torviso e Trinidad Otero, xunto á presidenta e ao xerente do colectivo empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Durante toda a mañá foron moitas as persoas que se achegaron a depositar os seus pasaportes na urna instalada na rúa San Francisco para participar no sorteo da viaxe a Lanzarote e tamén na ruleta da sorte, que repartiu centos de agasallos durante esta calorosa mañá de domingo: parasoles, bolsas, mochilas, camisetas, sudaderas, blocs de notas, bolígrafos ou chaveiros.
A directiva de Acisa Ribadeo agradece “a Grupo Breogán, o seu patrocinio para esta campaña, que tivo como obxectivo dinamizar o comercio, a hostalería e os servizos durante máis dun mes; e a toda a fiel clientela dos negocios locais de Ribadeo polo seu apoio. Grazas tamén á colaboración do Concello de Ribadeo e ao seu persoal”. E animan: “a seguir apostando polo tecido empresarial local, xa que é o que crea emprega e o que lle da vida ao noso municipio”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



