A nova actuación impulsada pola Deputación de Lugo permitirá rehabilitar preto de dous quilómetros dunha vía clave para a conexión do casco urbano coa A-8, con varias parroquias do municipio e co concello de Xermade
Vilalba, 16 de xuño de 2026. O Concello de Vilalba valora positivamente a aprobación da licitación das obras de rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-6513 “Vilalba–Momán”, unha actuación que permitirá continuar mellorando unha das principais vías de comunicación do municipio.
A intervención contará cun investimento de 338.396,28 euros e actuará sobre un tramo de case dous quilómetros, entre os puntos quilométricos 2+125 e 4+000, cun prazo previsto de execución de catro meses.
Os traballos inclúen a reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a renovación da sinalización, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria.
Esta actuación dá continuidade ás melloras executadas o pasado ano nesta mesma estrada, cando se levou a cabo a rexeneración integral do firme no tramo comprendido entre o casco urbano de Vilalba e a rotonda de acceso á autovía A-8.
A LU-P-6513 é unha infraestrutura estratéxica para Vilalba, xa que conecta o núcleo urbano coa autovía e dá servizo ás parroquias de Mourence, Gondaísque, Distriz, Tardade e Codesido, ademais de facilitar a comunicación co concello veciño de Xermade.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “este novo investimento permite continuar unha liña de mellora progresiva nunha estrada especialmente utilizada pola veciñanza e que ten unha importancia estratéxica para a mobilidade do municipio”.
Rouco explicou que “falamos dunha vía que conecta diariamente persoas co casco urbano, cos servizos, co acceso á autovía e tamén cunha parte importante do noso rural, polo que actuar sobre ela significa mellorar desprazamentos e gañar en seguridade”.
A rexedora puxo en valor a continuidade dos investimentos nesta infraestrutura: “Nos últimos meses demos pasos importantes nesta estrada e esta nova actuación permítenos seguir avanzando para que as melloras cheguen de forma progresiva aos diferentes tramos que o precisan”.
Desde o Concello destacan que este tipo de actuacións contribúen a mellorar a conectividade do municipio e reforzan a calidade das infraestruturas que emprega a veciñanza no seu día a día.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



