Francisco Conde defendeu hoxe unha PNL, na Comisión de Industria e Turismo, para impulsar a competitividade da industria electrointensiva
Lugo, 16 de xuño de 2026. O deputado do PP de Lugo no Congreso, Francisco Conde, defendeu hoxe na Comisión de Industria e Turismo unha Proposición non de Lei (PNL) para impulsar, de xeito urxente, a competitividade da industria electrointensiva.
Durante a súa intervención, Conde denunciou que as empresas industriais na provincia de Lugo están a perder terreo debido “a uns costes enerxéticos inasumibles, unha planificación eléctrica deficiente e a falta dunha verdadeira política industrial por parte do Goberno central”.
O deputado do PP lucense fixo especial fincapé na situación crítica que atravesa a planta de Alcoa, cuxa viabilidade segue en entredito pola falta de certezas e de garantías eléctricas por parte do goberno de Sánchez.
O FUTURO DE ALCOA EN XOGO POR ERROS ADMINISTRATIVOS DO MINISTERIO
Francisco Conde foi contundente ao sinalar que “non haberá futuro para Alcoa sen a garantía dun custo eléctrico competitivo e estable”. Tamén afeou ao Ministerio de Transición Ecolóxica a súa falta de compromiso na nova convocatoria dos nudos de acceso e conexión vinculados aos parques eólicos dos que dependían os contratos PPA da planta de San Cibrao, sobre os que lembrou que “perdéronse por un erro administrativo impropio dun Ministerio”.
Despois de máis de tres anos coa planta paralizada coa responsabilidade directa dun goberno socialista, Conde sinalou que “a empresa e os traballadores non teñen ningunha certeza sobre o acceso estable á enerxía nin sobre un marco regulatorio que ofreza certidume a longo prazo”, destacou con preocupación, así como tamén advertiu de que “a falta de competitividade xa se está traducindo en perdas operativas e axustes laborais en grandes compañías de todo o país”.
Francisco Conde cualificou o Real Decreto-ley 7/2026 aprobado polo Executivo como unha “oportunidade perdida” que se limita a ofrecer solucións “parciais, temporais e insuficientes”.
Neste senso, Conde esixiu que se outorgue carácter permanente á bonificación do 80% dos peaxes para a industria electrointensiva (que actualmente expira o 31 de decembro de 2026) e á suspensión do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica (que remata en tan só 15 días, o 30 de xuño).
PROPOSTAS PARA REBAIXAR A FACTURA ENERXÉTICA INDUSTRIAL
Francisco Conde solicitou ao Goberno do Estado actuar de forma urxente sobre os custes estruturais que aumentan o prezo final da electricidade. Entre as principais demandas destacan:
Frear o impacto dos servizos de axuste: estes servizos se multiplicaron por seis desde 2020 debido a unha “mala elección do mix enerxético”, representando xa o 56% do custe da enerxía. Como consecuencia do apagón de abril de 2025, no último ano, os consumidores, familias e industrias, teñen visto incrementar aos seus costes en mais de1.700M€.
Reforzar as compensacións por custes indirectos de CO2: a dotación destas axudas pode ser equivalente, con carácter xeral, ao 25% dos ingresos das poxas de dereitos de emisión. Esta contía poderíase incrementar si fose necesario, previa notificación á Comisión Europea.
Apoio á coxeneración: convocar as poxas de ata 1.200 megavatios pendentes desde hai 5 anos, estender a retribución regulada para as instalacións que agotasen a súa vida útil, e modificar a fórmula de cálculo para cubrir os costes deste sector, clave para o tecido químico, alimentario ou automotriz.
Unha Planificación eléctrica máis dinámica, que outorgue prioridade á demanda industrial e que aplique o criterio de “quen primeiro está listo, primeiro se conecta”. Conde recordou o bloqueo nas redes de transporte, onde en 2025 tan só se autorizou o 12% dos gigavatios solicitados, rexeitando sistematicamente a demanda industrial e tecnolóxica.
Finalmente, Conde rexeitou a creación dos denominados “Proxectos Estratégicos de Inversión” por parte do Executivo, cualificándoos de mostra de “intervencionismo e discrecionalidade” De feito, esta figura permítelle ao Goberno decidir unilateralmente, “sen criterios obxectivos e sen transparencia”, que proxectos se instalan en España y cales non, ao outorgarlles prioridade de acceso á rede e á planificación eléctrica.


















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.


