Ribadeo, 21 de xuño de 2026. Os establecementos asociados a Acisa repartirán 180.000 rifas entre o 19 de xuño e o 12 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo dunha viaxe a México no marco do XI Ribadeo Indiano. Será ao remate do concerto que Estrellas de Buena Vista y Más ofrecerán na rúa San Roque. A viaxe, para dúas persoas, poderá desfrutarse do 11 ao 18 de setembro de 2026 e inclúe o voo Madrid-México-Madrid, sete noites de hotel en habitación dobre premium room no Iberostar Waves Paraíso de 5 estrelas en réxime de todo incluído, ademais de servizos extra como embarque preferente, asentos especiais ou asistencia a eventos na Riviera Maya.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “dende Acisa quixemos un ano máis poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local”. Lembrou que esta será a sexta vez que a asociación envíe unha parella ás Américas e destacou que o sorteo é “unha cita moi agardada tanto polos negocios locais asociados como pola súa clientela”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, detallou que nesta edición se poñen en circulación 180.000 papeletas, 20.000 máis que o ano pasado, e subliñou que participar é moi sinxelo: as rifas estarán dispoñibles nos establecementos asociados e deberán ir seladas polos negocios. O día do sorteo, entre as 16:00 e as 21:00 horas, deberán depositarse na urna situada fronte aos Cocos na rúa San Roque. Pérez estimou que, sendo prudentes, a campaña podería xerar un impacto económico de arredor de 1,8 millóns de euros en Ribadeo durante as tres semanas previas ao evento.
Cruzado agradeceu o apoio das administracións e das empresas patrocinadoras —Cervexas Alhambra, Banco Sabadell, Caixa Rural, Vitaldent, Gestión Gratelu e Discosta— e recoñeceu o traballo do persoal do Concello, de Acisa e das persoas voluntarias que fan posible un evento destas dimensións. “A conta atrás comezou e aquí xa se respira o seu ambiente. As maletas, as hortensias, as fotos, as lembranzas e a morriña empezan a invadir este concello e a memoria das súas xentes”, afirmou.
A iniciativa conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que apoia un ano máis a organización do Ribadeo Indiano cunha achega de 25.000 euros para actividades lúdicas e culturais, así como para a decoración dos locais e das rúas que recrean o ambiente dunha cidade de ultramar de comezos do século XX.
No acto de presentación da viaxe a México participaron representantes de Acisa, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do Concello de Ribadeo e das firmas patrocinadoras.
O deputado Daniel García, presente no acto, sinalou que “a participación da sociedade ribadense é unha das chaves da proxección que logrou o Ribadeo Indiano en Galicia e fóra, e Acisa fai unha labor fundamental nesa dinamización con iniciativas como este sorteo ou coa decoración e a ambientación das rúas”. Ratificou tamén “o apoio da Vicepresidencia da Deputación ao Ribadeo Indiano, que alén da dimensión lúdica, pon en valor o legado arquitectónico, educativo, social e cultural da emigración a América”.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



