Ameijide recorda que “levamos desde o 31 de marzo” alertando de que PSOE e BNG ían impoñer este “hachazo” aos lucenses e pide “que non sigan adiante esta suba mensual de ata o 58% aos maiores da nosa provincial”
Lugo, 19 de xuño de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular cualificaron “indecencia e auténtica salvaxada” a subida de prezos nos centros de atención a maiores da Deputación de Lugo, un incremento que en moitos casos chega ata os 800€ máis ao mes.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que o goberno de PSOE e BNG está a executar este “hachazo” de forma “opaca, chamando un por un por teléfono aos familiares dos usuarios para evitar unha reacción colectiva”.
Neste senso, Ameijide lamenta que “finalmente confirmouse o que levamos denunciando desde o 31 de marzo – data na que PSOE e BNG aprobaron en solitario as novas tarifas das residencias da rede provincial, co voto en contra do PP – e que tanto socialistas como nacionalistas negaban categoricamente”.
A realidade que se están a atopar as familias é que o recibo mensual vai pasar, nalgunhas tarifas, dos 1.390€ aos 2.200€, no caso dos dependentes, e dos 1.080€ aos 1.750€, no caso dos non dependentes, “o que supón un incremento do 60%”. “Unha brutalidade desta magnitude e de golpe é intolerable para calquera institución pública”, denunciou.
OCULTISMO PARA EVITAR REACCIÓN PÚBLICA
Antonio Ameijide denuncia que tanto PSOE como BNG “manteñen unha total falta de transparencia, ademais de que están a realizar manobra de escapismo”. “non sabemos o motivo pero, tras realizar a aprobación inicial no pleno de marzo, agora vemos como optan por levar a aprobación definitiva á xunta de goberno en lugar de devolvela ao pleno”, explicou.
“Por que o fan así? Serán PSOE e BNG os que expliquen, pero débese a que en xunta de goberno non estamos representados os deputados da oposición, polo tanto non hai debate; como tampouco hai medios de comunicación”, afirmou.
A realidade é que PSOE e BNG tiveron desde o 31 de marzo para informar á veciñanza con transparencia, pero preferiron agardar e facelo agora individualmente “para que as familias non poidan unirse e protestar de forma pública e conxunta”.
O MODELO A SEGUIR
Antonio Ameijide recorda que esta suba das taxas supón “igualar os prezos de toda a rede provincial aos que, en teoría, terá a residencia de Becerreá cando abra as súas portas”, a pesar de que “Pablo Rivera, responsable da área, dixo no salón de plenos que “o modelo de Becerreá non era o modelo de residencias da Deputación””, unha reflexión tamén compartida polo vicepresidente Efrén Castro.
“Resulta cando menos curioso o que acaban de facer. Copiar milimetricamente a tarifa de prezos que prevén aplicar en Becerreá para impoñela a toda a rede provincial, o que demostra cal era o verdadeiro modelo de PSOE e BNG: espremer as petos dos lucenses”, denunciou.
Antonio Ameijide recorda que desde o Grupo Provincial Popular “rexeitamos” a proposta do goberno provincial de PSOE e BNG porque “non estamos de acordo con esta subida, tampouco coa súa xestión nin en como fan moitas cousas” e porque supón “renunciar á apertura doutras residencias comprometidas”.
Coa aprobación final deste expediente evidénciase que “a Deputación dá as costas aos maiores e di non aos Concellos onde teñen residencias comprometidas” porque “porque non contan ter máis usuarios e, polo tanto, non abrir novas residencias”.
Neste senso, os deputados populares piden a PSOE e BNG “que recapaciten” e que non sigan adiante con esta suba de prezos e que traballen para abrir as residencias comprometidas como as de A Pobra do Brollón, Guitiriz ou Portomarín, entre outras.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



