Mondoñedo, 26 de xuño, 2026. A Xunta de Galicia colabora coa tradicional Rapa das Bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo, que se celebrará este domingo 28 de xuño. A asociación cultural organizadora presentou a 47ª edición da cita nun acto que contou coa participación do director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo, Manuel Antonio Fernández, entre outros representantes institucionais.
A xornada comezará ás 10:00 horas coa saída dos xinetes para baixar os animais ao curro e ás 12:00 celebrarase a rapa e o marcado dos cabalos. A continuación haberá sesión vermú, xantar popular e baile pola tarde.
A rapa do Campo do Oso abre a temporada destas celebracións na Mariña, que contan un ano máis tamén co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A programación continuará coa rapa de Candaoso, en Boimente (Viveiro), o 5 de xullo, e coa de Neipín, na Pontenova, o 18 de xullo, configurando unha axenda que dá testemuño dunha forma de vida e dunha relación co territorio e cos animais que contribuíu a modelar as paisaxes do interior da comarca.
O deputado de Rural, Daniel García, reuniuse cos gandeiros e gandeiras que impulsan esta tradición, aos que trasladou “o compromiso coa organización das rapas” e, en particular, coa “gandería extensiva que sostén esta práctica ligada ao coidado e ao saneamento dos animais criados no monte”. Subliñou tamén que “a dimensión festiva e turística que adquiriron as rapas debería servir para unha maior valoración social do traballo das persoas gandeiras, que coa súa actividade contribúen á conservación do territorio fronte ao abandono ou aos incendios”.
Neste sentido, destacou o reforzo continuado da área de Rural a través de programas como O que non arde e mediante colaboracións estables coas asociacións agrogandeiras que traballan na promoción dos produtos locais.
Ademais das achegas directas ás entidades organizadoras —dirixidas a investimentos, gastos correntes ou trofeos—, a área de Rural ofrecerá nos distintos curros degustacións de hamburguesa de carne de poldro de Pura Raza Galega. Esta acción, incluída no programa Un gusto de rural, un rural degusto, busca promover o coñecemento e o consumo de carne de poldro, un produto ligado ás razas autóctonas e á gandería extensiva.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



