As celebracións de San Xoán en Fórnea e Sante, xunto coa Fogueira de San Xoán en Trabada e as Festas do Corpus Christi en Sante, conforman esta programación impulsada polas asociacións e comisións locais co apoio municipal
Trabada, 22 de xuño de 2026. O Concello de Trabada pon en valor a intensa programación social, cultural e festiva que se desenvolverá ao longo desta semana en distintos puntos do municipio, grazas ao traballo das asociacións veciñais, comisións de festas e colectivos locais, que contan coa colaboración do Concello para facer posible estas iniciativas.
As actividades darán comezo este martes, 23 de xuño, coa celebración de dúas tradicionais fogueiras de San Xoán. Por unha banda, a parroquia de Fórnea celebrará a súa festa con fogueira, música e degustación de sardiñas, chourizos e torresmos. Pola súa parte, a parroquia de Sante organizará tamén a súa tradicional Fogueira de San Xoán, unha cita que combina gastronomía, convivencia e tradición arredor do lume.
A programación continuará durante a fin de semana coa celebración da Fogueira de San Xoán en Trabada, organizada pola Asociación Cultural O Picato, así como coas Festas do Corpus Christi na parroquia de Sante. As actividades previstas incluirán verbenas, churrascada popular, sesións vermú, música en directo e diferentes propostas para todos os públicos.
Desde o Concello de Trabada quérese destacar a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes.
O Goberno municipal reafirma así o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



