Ribadeo, 26 de xuño de 2026. En Ribadeo dan comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas. Acisa repartiu materiais gratuítos entre os comercios asociados.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “hoxe dende Acisa damos por inauguradas as rebaixas de verán. Dende hai uns días xa hai establecementos que as comezaron e tal e como se plantexa o calendario deste ano pensamos en que era una boa idea adiantalas un pouco. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que animamos á veciñanza e aos visitantes a aproveitar esta gran cita. Nesta campaña de rebaixas coma noutras, desde Acisa apoiamos aos nosos negocios con materiais gratuítos, que xa foron repartidos, como cartelería anunciadora das rebaixas, tarxetas co antes e co despois da aplicación dos descontos correspondentes, co fin de cumprir coa normativa vixente. A campaña tamén inclúe publicidade en redes sociais e medios”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anima “a mercar no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e lembrámoslle á clientela do comercio, da hostalería e dos servizos asociados a Acisa que pida as súas papeletas para ter a posibilidade de participar no sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas, que realizaremos o vindeiro 12 de xullo no marco do Ribadeo Indiano 2026. Que ninguén esqueza solicitar as súas rifas. Hai repartidas 180.000”.
Cruzado Iglesias engadiu: “como sempre dicimos Ribadeo é o mellor Centro Comercial Aberto, xa que aquí se pode disfrutar dunha experiencia integral de ocio e de compras e queremos demostralo dando os mesmos servizos que as grandes áreas comerciais das cidades, por iso queremos recordarlles tamén aos nosos asociados e asociadas que para esta temporada de verán que xa comezou, dispoñen de múltiples materiais gratuítos que poden solicitarnos: bolsas para o comercio, vasos, envases e bolsas de comida para levar para hostalaría ou mapas turísticos e pases para visitar as Catedrais destinados aos hoteis. Así como os propios materias de rebaixas para o comercio. E aproveitamos para desexarlles á veciñanza e aos turistas un feliz verán. Ribadeo ten moito que ofrecer, infinidade de recunchos por descubrir e moitas propostas para facer que este verán sexa inesquecible”.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



