Nota de prensa
201 traballadores dos hospitais provinciais pasarán ó SERGAS o 1 de xaneiro
– O Presidente da Deputación recibe no Pazo de San Marcos a estes profesionais e agradeceulles o traballo desenvolvido ó longo destes anos
– Era un compromiso político do actual equipo de goberno, o mesmo que desbloqueou outras débedas históricas como o canon, os parques de bombeiros ou a UNED
– As transferencias provocaron un adelgazamento do Orzamento de 2011 de preto de 20 millóns de euros, ó non ter que establecer esta previsión para o vindeiro ano
– A vindeira semana está previsto que o Presidente e a Conselleira asinen o convenio que precisará a cifra exacta da débeda e o pagamento da mesma
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este xoves a recepción de despedida ó persoal sanitario dos hospitais de San Rafael e de San José que o día 1 de xaneiro pasará a formar parte da plantilla do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), logo de que o máximo mandatario provincial e a Conselleira de Sanidade asinasen en xuño o protocolo marco, que guía o traspaso de ambos os dous centros sanitarios e que permite que a transferencia sexa efectiva de forma oficial na data sinalada.
Gómez Besteiro agradeceu a cada un destes profesionais o traballo desenvolvido ó longo destes anos ó tempo que lembrou que “foi un proceso largo, pero como di o dito: nunca es tarde si la dicha es buena. A Deputación non podía seguir mantendo as instalacións sanitarias. Isto non é o que nos temos que adicar senón á cooperación cos Concellos”. Asimesmo, aproveitou para felicitarlles o novo ano e desexarlles moito éxito na nova andaina que comezan dentro da súa carreira profesional.
O Servizo Galego de Saúde asume as prestacións sanitarias que se desenvolven nestes centros, o que terá a súa consecuencia na mellora da atención ós pacientes e na calidade das prestacións sanitarias. Polo que se refire ós traballadores, transferiranse 201. Deste xeito, tanto o persoal como os doentes do San José xa están a ser trasladados ó novo Hospital, ó Lucus Augusti. Con respecto ó de San Rafael, que se ocupa da atención a pacientes con patoloxías psquiátricas de longa estancia, incorporaranse ó de Calde tan pronto como a Consellería realice as reformas necesarias.
Grazas ás negociacións de Gómez Besteiro, a institución provincial salda unha das débedas históricas que tiña coa provincia, xa que ata o momento a de Lugo era a única Deputación de España que aínda tiña competencias en materia de saúde. Deste xeito, as transferencias provocaron un adelgazamento do Orzamento da Deputación de 2011 de preto de 20 millóns de euros, ó non ten que establecer esta previsión para o vindeiro ano.
Era un compromiso político do actual equipo de goberno, o mesmo que desbloqueou as outras grandes débedas históricas desta provincia como o canon hidroeléctrico, os parques de bombeiros ou a UNED.
Inmobles e débeda
Dado que a Xunta decidiu prescindir dos inmobles nos que se ubican os centros, a Deputación está a estudar varias posibilidades para determinar o uso dos mesmos. No encontro de xuño o Presidente e a responsable do departamento económico autonómico pecharan a liquidación da débeda contraída pola Xunta coa Deputación dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2009, e que se cifra en 22 millóns de euros, ós que haberá que restar o superávit do San José, o valor dos inmobles e os axustes económicos de 2010. A cifra concreta precisarase a vindeira semana coa sinatura do convenio por parte de Gómez Besteiro e da Conselleira, que establecerá tanto a cantidade como o procedemento do pago.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



