Burela, 2 de xullo de 2026. Con motivo da conmemoración do Día da Independencia de Cabo Verde, a Praza de Abastos de Burela acollerá este sábado, 4 de xullo, entre as 12.00 e as 21.00 horas, unha gran celebración que reunirá música, gastronomía, artesanía, baile tradicional e actividades para toda a familia. A iniciativa está organizada pola Asociación Rabentola, o Concello de Burela, o Grupo Convivencia Entre Nós e Djunta Mo, e pretende converter a xornada nun espazo de encontro e convivencia arredor da cultura caboverdiana.
A programación inclúe as actuacións do Grupo Batuko Tabanka, Grupo Raízes Peruano, Grupo Senegal, Alex Djimi, o Grupo Dancarina Minis de Santiago e Jelson Gaita e Ocla Baixa.
Este será un evento solidario, xa que busca recadar apoio para Ludmila, que viaxará dende Portugal para participar na celebración. Ademais, Djunta Mo contará cun posto de venda de produtos artesanais e típicos, destinando o 15 % da recadación a esta causa.
O tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, destacou que “para Burela esta é unha data moi especial que levamos anos celebrando, porque contamos cunha importante comunidade caboverdiana que forma parte da nosa historia e do noso día a día”. Subliñou tamén que “queremos recoñecer esa realidade e celebrar xuntos unha xornada que xa é tamén parte da identidade do noso concello”.






















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



