A publicación preséntase o 6 de xullo nun coloquio sobre deporte feminino no Pazo de San Marcos
Lugo, 2 de xullo de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentará o vindeiro luns – 5 de xullo, ás 17.00 horas – a publicación “Deporte lugués en feminino”, un volume en formato axenda que protagonizan deportistas da provincia con traxectorias destacadas en diferentes modalidades.
A karateka Uxía Folgueira, a xogadora de baloncesto Noa López, a taekwondista Laura Álvarez, as nadadoras Inés e Sofía Mourenza, a xogadora de fútbol Carmen Carballada, a atleta Adi Iglesias, a xogadora de squash Olivia Mon, a triatleta Elsa Pena, as xogadoras de voleibol Clara Carreira e Olalla González, a piraguista Tania Fernández, a piloto Elena López, a ximnasta Alisa Urdaneta e as xogadoras de fútbol sala Sandra Pumares, Silvia Rubal, Verónica García e Area Loureiro poñen cara ao avance do deporte feminino, que medra en participación e logros competitivos.
A fotógrafa Reyes Fernández Guizán e a xornalista Belén Rodríguez Arias son as autoras das imaxes e dos textos da axenda, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, con calendario de xullo de 2026 a xullo de 2027 -coincidindo coa cronoloxía das temporadas deportivas -.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro Lugo explicou que “a participación feminina vaise incrementando progresivamente na maioría das modalidades e Lugo ten un lugar destacado no deporte estatal grazas, en boa medida, á traxectoria de equipos femininos como Emevé, Ensino, Burela FS ou Castro FSF, pero falta camiño por percorrer para unha igualdade efectiva no deporte, tanto no material como no simbólico. Un dos obxectivos da publicación incide precisamente nisto último, contribuíndo a afianzar referentes femininos para o deporte lucense”.
A xornalista e directora do portal de deporte feminino asnosas.gal, Silvia Carregal, conducirá o acto no que, ademais da presentación da axenda, se abrirá un coloquio coas deportistas e autoras da axenda.
As persoas que asistan ao acto, aberto e con entrada libre até completar a capacidade do Salón de Actos, poderán levar de balde un exemplar da publicación, que se distribuirá ao longo do ano en actos institucionais relacionados co deporte.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



