Tres claras victorias e unha soa derrota. Ese foi o botín que acadou a selección da Mariña de Fútbol sala na súa visita á selección de Lambre-Mandeo, en partidos disputados na tarde de onte Xoves 20 de Decembro de 2010.
Comezou a sesión de tarde co debút do benxamíns ás 16:30h. Os rapaces dirixidos por laurentino Brenan saíron apretando e lograron impoñerse con claridade á escadra local por 0-8, con 3 goles de Miguel González, 2 de Juan López, 1 de Natalael Jiménez, todos eles do Praia de Covas e outros dous goles de Jorge Insúa do Cidade de Viveiro.
De seguiso chegou o segundo partido no que a Selección da Mariña alevín logrou impoñerse por 2-5 tras un comezo un pouco dubitativo dos rapaces de Francisco Vázquez que tralo paso polos vestiarios sentironse máis cómodos e lograron senteciar o choque chegándose ao resultado final.
Daniel Bertolo, do Cidade do Viveiro, marcou 1 gol, mentres que o seu compañeiro Fran Rolle anotou 2 pechando a conta anotadora Pablo López das ED Lourenzá e Roi Campo do EDM Pontenova- Superti con cadanseu gol.
A maior goleada da tarde deuse en infantiles, donde os xogadores de Christian Gómez Fustes amosaron a súa superiroridade dende o comezo do partido. O 2-12 reflexa a superioridade do combinado mariñán, no que os goleadores foron Cristian García con 3 goles, Adrián Sanjurjo e Renato Lopes con 2 goles e Borja Blanco e Daniel López con cadanseu gol, todos eles pertecentes ao CD Burela FS, Jorge Pernas e Javier Fraga, tamén con 1 gol cada un e pertencentes ao Cidade de Viveiro e pechou a conta anotadora Álex Paz do Club del Mar A Mariña FS.
A tarde rematou co encontro na categoría cadete no que os discípulos de Emilio González “Melu”, colleitaron a única derrota por 2-0 ante un rival que soubo aproveitar ben as poucas ocasións das que dispuxo e no que os rapaces mariñáns non foron quen de perforar a portería contraria a pesar de dispor de varias ocasións para conseguilo.
O vindeiro Domingo 9-1-2011 no Pavillón Municipal de Xove, as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala, disputarán fronte as Seleccións de Ferrol o derradeiro partido da fase de clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais no que tratarán de conseguir a clasificación para a Fase Final de dito campionato que se disputará o vindeiro Domingo 30-1-2011 na localidade de Viveiro.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
