O municipio mariñao acadou no 2025 un índice de 37 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Ribadeo, 3 de xullo de 2026. O Concello de Ribadeo acollerá o luns 6 de xullo a campaña de verán ‘Un alento de vida’, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A unidade móbil estará estacionada ao carón da antiga Oficina de Turismo, en horario de 10:30 a 14:15 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
O obxectivo desta iniciativa é acadar arredor de 22.000 doazóns de sangue ata finais de agosto e fomentar a participación da cidadanía. Para iso, as unidades móbiles da Axencia visitarán máis de 170 concellos galegos, facilitando o acceso a este xesto solidario.
ADOS lembra que, todos os días do ano, son precisas 400 doazóns para garantir o abastecemento axeitado de compoñentes sanguíneos nos hospitais galegos. Esta cifra mantense durante o verán, un período especialmente sensible pola deslocalización dos doantes habituais.
Elevada participación
A Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal pola súa implicación e decidido compromiso co desenvolvemento das campañas de doazón, así como recoñecer a todos os veciños e veciñas de Ribadeo que colaboran doando sangue.
No pasado 2025, este municipio lucense acadou 373 doazóns, o que supón unha taxa de 37 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, lixeiramente por baixo da media galega (39/1.000). Por iso, o obxectivo desta campaña é incrementar a participación para que Ribadeo acade o índice de Galicia.
Colaboración fundamental
A campaña ‘Un alento de vida’ destaca a importancia de doar sangue para ofrecer unha oportunidade de curación a moitos enfermos que dependen das transfusións para continuar cos seus tratamentos no sistema público de saúde.
As persoas que participen na campaña recibirán un agasallo, como unha almofada ou un balón de praia. Ademais, ao carón da unidade móbil instalarase un espazo que simula unha terraza de verán. Os doantes poderán inflar un globo que pasará a formar parte da escenografía, simbolizando ese aire que representa para moitos doentes recibir unha transfusión.
Esta iniciativa pretende chamar a atención sobre a necesidade de doar tamén durante o verán, lembrando que as unidades móbiles estarán presentes en numerosos municipios costeiros e de carácter vacacional.
ADOS lembra que pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.
Para máis información, a Axencia dispón do sitio web ados.sergas.gal, das súas redes sociais e do teléfono gratuíto 900 100 828, onde se pode consultar calquera dúbida ou coñecer as datas dos desprazamentos das unidades móbiles.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



