Lugo, 3 de xullo de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un paquete de medidas para reforzar, con 2,7 millóns de euros, a cooperación cos concellos, apoiar ao tecido produtivo da provincia e seguir mellorando as infraestruturas e os servizos públicos. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto na rolda de prensa posterior á sesión.
“Estas actuacións responden ao noso compromiso cun desenvolvemento equilibrado do territorio, apoiando aos concellos, fortalecendo á economía local e investindo en infraestruturas que melloran a calidade de vida da veciñanza”, valorou a responsable provincial.
No ámbito da cooperación municipal, a Xunta de Goberno sacou adiante catro convenios cos concellos de Viveiro, Trabada, Pol e Monforte de Lemos.
A institución provincial colaborará co Concello de Viveiro cunha achega de preto de 250.000 euros para financiar a reforma interior da Praza de Abastos. Un edificio histórico inaugurado en 1925 e situado no casco histórico da vila. Este proxecto contará cun investimento total de 770.000 euros e permitirá reorganizar os espazos interiores para dar maior protagonismo aos postos de venda, mellorar a eficiencia enerxética e a accesibilidade, renovar as instalacións e incorporar novos servizos que fagan do mercado un espazo máis moderno, funcional e confortable. Unha actuación coa que a Deputación de Lugo “contribúe á conservación dun inmoble emblemático para Viveiro e ao impulso do comercio de proximidade, dos produtores locais e da actividade económica no centro histórico”.
A Xunta de Goberno tamén autorizou unha achega superior aos 50.000 euros para acondicionar a área de autocaravanas de Trabada. Unha intervención que permitirá renovar os accesos e mellorar a seguridade e a comodidade das persoas usuarias nun espazo integrado no complexo municipal de ocio e deporte, onde xa existen pistas deportivas, zona recreativa, pump track, tirolina e amplas zonas verdes. “O obxectivo é reforzar a oferta turística do municipio e consolidar este espazo como un referente para o turismo itinerante”, valorou García Porto.
Ademais a Deputación tamén aprobou destinar máis de 200.000€ ao Concello de Pol para construír un Punto de Atención á Infancia (PAI) e reforzar o mantemento da zona deportiva e das piscinas municipais. O novo servizo permitirá ofrecer atención educativa a nenos e nenas de 0 a 3 anos, favorecendo a conciliación das familias e contribuíndo á fixación de poboación no rural.
No caso de Monforte de Lemos, a Xunta de Goberno sacou adiante unha colaboración plurianual de 1,8 millóns de euros distribuída entre os exercicios 2026, 2027 e 2028, para impulsar novas conexións urbanas. As actuacións permitirán mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria, reforzando a conexión entre distintos ámbitos da cidade mediante infraestruturas máis modernas e adaptadas ás necesidades actuais da cidadanía.
MercaSacra: apoio ao comercio de proximidade en Chantada
A Deputación continúa ademais impulsando iniciativas de dinamización económica. Neste sentido, este venres aprobou unha achega de máis de 16.300 euros para a organización da campaña MercaSacra, promovida en Chantada. A iniciativa combinará unha feira aberta ao público, con presenza de artesáns, produtores agroalimentarios e adegas da Ribeira Sacra, con actividades culturais e infantís, xunto cunha campaña de fidelización nos establecementos comerciais asociados para incentivar as compras no comercio local. “Este tipo de actuacións contribúen a fortalecer o tecido económico, promover os produtos de proximidade e aproveitar o potencial da Ribeira Sacra como motor económico, turístico e cultural”.
Novos investimentos para mellorar a rede de estradas
En materia de mobilidade, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das obras de rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-1201 en Castroverde. Uns traballos que executará a empresa CHOLO, SL nun prezo que supera os 221.800 euros, e que supoñen un investimento superior aos 2,8 quilómetros entre Souto de Torres e Sobrado.
As obras inclúen a renovación do pavimento e melloras na drenaxe e contan cun prazo de execución de catro meses.
A Xunta de Goberno aprobou tamén a adquisición dun camión 4×4 con caixa basculante para terra destinado ao Parque Móbil da Deputación. O contrato foi adxudicado á empresa Infonorte Tecnología, SL por un importe próximo aos 190.700 euros.
O vehículo será entregado nun prazo de 25 días naturais e permitirá reforzar os medios cos que a institución realiza os traballos de conservación e mantemento da rede provincial.
García Porto destacou que estes acordos “reforzan o compromiso da Deputación cos concellos e coa prestación de servizos públicos de calidade, ao tempo que contribúen a dinamizar a economía, apoiar o comercio de proximidade e seguir mellorando as comunicacións en toda a provincia”.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



