Xove, 8 de xullo, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se desenvolverán durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que permitirán ás persoas participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible.
Calendario de rutas
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes propostas:
16 de xullo – Ruta dos Muíños da A Rigueira
30 de xullo – Os Acantilados de Papel: costa con narrativa
7 de agosto – San Tirso de Portocelo: un enclave único
21 de agosto – Esteiro de Xove: unha xeoloxía singular
Ao longo destes catro itinerarios, as persoas participantes poderán descubrir antigos muíños, acantilados de gran valor paisaxístico, praias, miradoiros, patrimonio arqueolóxico e a singular xeoloxía da costa xovense. Ademais, terán a oportunidade de coñecer espazos tan especiais como a coñecida Ruta das Fadas.
Información práctica
Todas as rutas comezarán ás 10:00 horas, terán unha duración aproximada de entre tres e tres horas e media e presentan un nivel de dificultade baixo ou medio, polo que están pensadas para un amplo abano de participantes.
A actividade é totalmente gratuíta, mais será necesaria inscrición previa debido ao número limitado de prazas. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación a través do correo electrónico: rutasgalicianorte@gmail.com.
Unha aposta polo turismo sostible
Con esta iniciativa, o Concello de Xove continúa a apostar pola promoción dun turismo sostible e de calidade, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e fomentando o coñecemento e respecto pola contorna entre veciñanza e visitantes.
Dende a Concellería de Turismo e Medio Ambiente anímase a toda a cidadanía e ás persoas que visiten Xove durante os meses de verán a participar nestas rutas e descubrir o municipio dende unha nova perspectiva, combinando natureza, historia, patrimonio e divulgación ambiental.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



