Viveiro, 8 de xullo, 2026. O BNG de Viveiro defenderá no pleno de xullo unha moción para reclamar á Xunta de Galiza que dea marcha atrás no peche de 36 camas no Hospital Público da Mariña durante o verán, unha decisión que considera “inxustificable” e que supón un novo recorte para unha comarca que acumula listas de agarda de anos e que, precisamente nestas datas, triplica a súa poboación e incrementa a demanda asistencial.
O BNG rexeita o argumento da Xunta de que o peche responde á necesidade de garantir as vacacións do persoal. “O verdadeiro problema é que médicos, enfermeiras e TCAEs marchan pola precariedade laboral, a falta de estabilidade, o incumprimento de dereitos e a ausencia dunha planificación que permita fidelizar os profesionais”, denuncia a portavoz Iria Cotelo.
Cotelo advirte de que desde o pasado 1 de xullo xa se fixo efectivo o recorte de persoal asociado ao peche das camas, coa eliminación de seis prazas de enfermaría e seis de TCAE. “A Xunta asegura que as camas estarán dispoñibles se fan falta, pero a pregunta é evidente: quen as vai atender se xa retiraron o persoal necesario?”
A portavoz lembra que esta situación xa se viviu o pasado verán. “Cando fixeron falta esas camas, como non había profesionais para atendelas, os pacientes tiveron que ser derivados ao HULA. Iso obrigou ás familias a desprazarse diariamente ata Lugo para poder acompañalos, engadindo máis dificultades a un momento xa de por si complicado.”
Ademais, o BNG critica que a Xunta planifique os recursos da Mariña utilizando os datos conxuntos da Área Sanitaria de Lugo. “A Mariña non é Lugo nin Monforte. Aquí a poboación multiplícase no verán e as necesidades asistenciais son moi superiores. Se a realidade é distinta, a planificación tamén debe selo.”
Como exemplo, destaca que, se a Área Sanitaria de Lugo rexistra este verán un peche do 12 % das camas hospitalarias, no Hospital da Mariña a porcentaxe ascende ao 23 %, “unha cifra escandalosa que non ten comparación con ningún outro hospital de Galiza”.
Cotelo conclúe afirmando que esta decisión evidencia “o abandono e o maltrato continuado da Xunta cara á comarca da Mariña”, unha situación que asegura se repite tamén noutros ámbitos como as infraestruturas ou o ensino.
Por todo iso, a moción reclama que se manteñan operativas as 36 camas, que se garantan os profesionais necesarios para atendelas e que a planificación sanitaria do verán responda ás necesidades reais da Mariña, “e non a estatísticas maquilladas que ignoran a realidade da nosa comarca”.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



