Foz, 9 de xullo, 2026. A Garda Civil detivo a un veciño de Foz como presunto autor dun delito de lesións tras agredir ao condutor dun autobús na estación de Vilalba.
Os feitos tiveron lugar cando o detido, que viaxaba nun autobús da liña Lugo–Vilalba, iniciou unha forte discusión co condutor ao considerar que perdera a conexión con outro vehículo con destino á costa lucense, a pesar de que ese enlace xa non existía.
Durante o altercado, o agresor propinoulle un puñazo no rostro ao condutor, provocando que caese ao chan. A vítima sufriu un corte nunha cella que precisou varios puntos de sutura, ademais de abrasións nunha xeonlla, polas que tivo que recibir asistencia sanitaria.
Tras a denuncia presentada polo condutor, a Garda Civil iniciou unha investigación que permitiu identificar ao presunto autor. Os axentes comprobaron que o sospeitoso contaba con antecedentes policiais por feitos de natureza similar.
Unha vez localizado no municipio de Foz, os efectivos da Garda Civil procederon á súa detención como presunto autor dun delito de lesións. As dilixencias, xunto co detido, foron remitidas á autoridade xudicial.


























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



