A segunda edición da iniciativa, impulsada polo Concello de Burela e a Asociación de Hostalaría, reúne máis de trinta actuacións en diferentes locais co obxectivo de dinamizar o municipio, apoiar o sector e ofrecer unha alternativa de lecer para veciñanza e visitantes
Burela, 10 de xullo de 2026. O Concello de Burela e a Asociación de Hostalaría de Burela presentan a segunda edición de Verán Bonito, unha iniciativa que volverá levar a música en vivo aos establecementos hostaleiros da vila ao longo dos meses de xullo e agosto. A programación, que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, inclúe máis de trinta actuacións de diferentes estilos e formatos.
Tras a boa acollida da súa primeira edición, Verán Bonito consolídase como unha proposta destinada a dinamizar a vida social e cultural de Burela durante o verán, ao tempo que contribúe a reforzar a actividade da hostalaría e a ofrecer unha programación de lecer tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan a localidade nestas datas.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, destacou o traballo realizado pola Asociación de Hostalaría para facer posible esta segunda edición e agradeceu o esforzo realizado para confeccionar unha programación tan ampla. “Sen o traballo da Asociación de Hostalaría esta iniciativa non sería posible”, sinalou.
Ramiro Fernández lembrou tamén o éxito da primeira edición e mostrou a súa satisfacción pola resposta que está a ter a programación deste ano. Segundo indicou, “o obxectivo é ofrecer alternativas de lecer tanto á veciñanza como ás persoas que visitan Burela durante o verán, contribuíndo a crear ambiente na vila e animando á xente a saír e desfrutar da oferta hostaleira”.
Ademais do seu valor como proposta de ocio, Verán Bonito supón tamén un importante impulso para a economía local. Neste sentido, Fernández incidiu en que “este tipo de actividades favorecen a actividade da hostalaría, xeran movemento económico e contribúen a potenciar o turismo de Burela durante os meses de verán”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



