O Concello de Xove, máis concretamente a Concellería de Cultura, pide colaboración veciñal para Cabalgata de Reis do mércores 5 de xaneiro; concretamente solicítaselle á cidadanía que dende as 15:00 horas e ata o remate da cabalgata non se estacione na marxe dereita da avenida deputación (en dirección a viveiro), dende a pizzería “New Burguer” ata o “Bar a Esquina”. Con esta petición, dende a Concellería de Cultura preténdese mellorar o paso da Cabalgata, dado que as carrozas e o público asistente disporán de máis espazo, uns para desfilar e os outros para presenciar o desfile. Dende o Concello quérese dar as grazas anticipadas a toda a vecindade e pedir disculpas polas posibles molestias que se puidesen causar.
O Concello de Xove pide colaboración para Cabalgata de Reis
O Concello de Xove pide colaboración para Cabalgata de Reis
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón