Viveiro, 13 de xullo, 2026. O grupo infantil Abrente de Bágoas da Terra viaxa a Portugalete para representar o folclore de Viveiro e de Galicia no Festival Internacional Infantil de Portugalete
A canteira da Asociación Cultural Bágoas da Terra compartirá escenario este sábado con delegacións de Polonia, Astigarraga (Guipúscoa) e co grupo anfitrión Elai-Alai.
O grupo infantil Abrente, pertencente á histórica Asociación Cultural Bágoas da Terra de Viveiro, partirá este mércores 15 de xullo cara ao País Vasco para participar no Festival Internacional Infantil de Folklore de Portugalete (Bizkaia), unha cita de referencia que se desenvolverá ata o domingo 19.
A actuación central terá lugar o sábado 18 no emblemático escenario do Paseo da Canilla, onde os nenos e nenas de Abrente ofrecerán unha mostra da riqueza da cultura popular galega. Compartirán cartel co grupo internacional de Polonia, cos dantzaris de Astigarraga e cos anfitrións de Elai-Alai.
Ademais das actuacións, a expedición vivariense gozará dun intercambio cultural que inclúe talleres interactivos e visitas ao Museo da Paz de Gernika e á cidade de Bilbao.
Unha canteira con proxección internacional
Abrente representa o corazón e o futuro das Escolas de Danza, Gaitas e Pandereteiras que Bágoas da Terra promove desde 1959. Formado por nenos e nenas de ata 16 anos, o grupo asume de maneira autónoma tanto o corpo de baile como a música en directo (gaitas, tamboril, bombo e pandeireta), sementando o orgullo de interpretar muiñeiras, xotas ou pandeiradas.
Ao longo da súa historia, diferentes xeracións de Abrente levaron o nome de Viveiro e de Galicia a citas nacionais e internacionais de prestixio, como o Festival Internacional de Cracovia (Polonia), o de Matosinhos (Portugal) ou o Festival Infantil de Lorca (Murcia). A actual xeración, chea de novas incorporacións, viaxa con enorme ilusión para demostrar no País Vasco que o relevo xeracional do noso folclore está plenamente garantido.
Bágoas da Terra está inmersa na organización da XLVI Mostra Folklórica Internacional, que converterá unha vez máis Viveiro no epicentro mundial da cultura e do folclore desde a súa primeira edición en 1979.






















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



