Antonio Ameijide explica que “este medio ano de xestión demostrou que o relevo na presidencia foi un mero lavado de cara, e seguimos cunha provincia paralizada por mor dun pacto de goberno condicionado polos intereses persoais e partidistas que se condicionaron ao apoio dunha persoa investigada por presunto acoso sexual”
Lugo, 14 de xullo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular fixeron balance dos primeiros seis meses de Carmela López na presidencia da Deputación de Lugo, unha etapa que comezou trala dimisión de José Tomé por un caso de presunto acoso sexual.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “este medio ano de xestión demostrou que o relevo na presidencia foi un mero lavado de cara” e que a provincia de Lugo “segue paralizada por mor dun pacto de goberno condicionado polos intereses persoais e partidistas que se condicionaron ao apoio dunha persoa investigada por presunto acoso sexual”.
Antonio Ameijide cualificou a situación de “parálise institucional” e sinalou a falta de autonomía de Carmela López á fronte da institución. “Cumprirse seis meses dun cambio que non foi tal. Sen a figura de José Tomé, este goberno sería imposible; é el quen segue a manexar os fíos na sombra, e para mostra o convenio de 1.800.000€ que lle acaba de dar ou a intención de permitir que pague os seus avogados con recursos financiados con fondos públicos”, afirmou.
O voceiro popular considera inaceptable que a estabilidade política da Deputación dependa da influencia de quen tivo que apartarse pola gravidade das acusacións. “Lugo non merece un goberno cuxo apoio fundamental sexa unha persoa investigada por presunto acoso sexual. É unha falta de respecto aos lucenses e á dignidade das nosas institucións”, denunciou.
Fronte á debilidade do goberno de PSOE e BNG, os deputados do Grupo Provincial Popular destacan o seu traballo como a única alternativa sólida e o verdadeiro motor de Lugo.
Neste senso, Antonio Ameijide lembrou que, ao longo destes seis meses, “foi grazas á iniciativa do PP como se logrou sacar adiante propostas clave para os concellos e impulsar debates estruturais que o goberno socialista pretendía evitar”.
Entre as iniciativas que destacan os populares están a readmisión dos traballadores de Suplusa que se derivaron hai anos a Tragsa; tras unha vitoria xudicial do PP no Tribunal Supremo; a residencia de Becerreá, onde PSOE e BNG teñen que atender as demandas formuladas polos veciños, o Concello de Becerreá e o Grupo Provincial Popular, así como cumprir cunha resolución xudicial que avala a posta en funcionamento destas instalacións; ou a conservación das estradas provinciais, entre outros.
“Durante os últimos meses non lles deixamos outro remedio que modificar o rumbo”, destacou.
Antonio Ameijide reivindicou que “mentres o bipartito se dedica a recompoñer as súas frontes internas e a acatar as directrices que veñen ditadas dende a sombra, no Grupo Popular seguimos a marcar o ritmo das decisións clave para a provincia. Nós si temos un proxecto libre, centrado única e exclusivamente en resolver as necesidades reais dos veciños de Lugo”, sentenciou.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



