Desde o mes de marzo a Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas conta con este recurso especializado en menores migrantes non acompañados e concertado coa Xunta de Galicia
Burela, 15 de xullo, 2026. O Fogar San Aníbal Os Castros de Burela únese aos demais recursos da Obra Social certificando o seu sistema de calidade coa ISO 9001:2015 e o seu sistema de protección contra as violencias e abusos cara a nenos, nenas, mozas e persoas vulnerables coa norma UNE 0070:2022.
O equipo educativo deste recurso está composto por 14 profesionais, que nestes catro meses realizaron diferentes formacións e implantaron nas súas metodoloxías de traballo o sistema de calidade das Fillas do Divino Celo.
Tras diferentes auditorías, EDUQATIA, entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) e especializada en educación e servizos sociais, certificou o cumprimento dos procedementos, protocolos e normas necesarias para obter estes selos.
“A implantación de sistemas de xestión da calidade permítenos mellorar a nosa eficacia e eficiencia, podendo ofrecer máis e mellores servizos, así como cumprir en maior medida a nosa Misión e adoptar unha dinámica de mellora continua, sempre centrados nas necesidades dos nosos usuarios”, asegura Jesús Iglesias, director da Obra Social das Fillas do Divino Celo.
Na actualidade, a Obra Social rogacionista conta con diferentes certificados que dan fe da súa preocupación constante para garantir un servizo de máxima calidade:
Xestión de Calidade ISO 9001: é unha das certificacións máis recoñecidas, que ostentan desde 2011 e que garante a calidade e mellora continua dos servizos dos seus centros.
Certificación UNE 0070 de protección fronte á violencia e os abusos en organizacións de acción social que traballan con persoas menores de idade ou en situación de vulnerabilidade: desde 2024 garante unha contorna de acollida seguro e libre de violencia.
Ademais, o Certificado EFR:3000-1 (Empresa Familiarmente Responsable) recoñece desde 2024 ás Fillas do Divino Celo as súas boas prácticas para integrar modelos de conciliación da vida privada, familiar e laboral; fomentando o apoio na igualdade de oportunidades e a inclusión dos máis desfavorecidos.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.


