A programación combina os actos relixiosos máis tradicionais con música, verbenas e actividades para todos os públicos, coa participación das orquestras Supertop e Costa Dorada, os grupos Kubo e Arizona, ademais dos festivais folclóricos e da popular Mexillonada
Cervo, 15 de xullo do 2026. San Cibrao volve render homenaxe á Virxe do Carme cun amplo programa de actividades que se desenvolve entre os días 11 e 18 de xullo.
As celebracións arrincaron este sábado 11 de xullo coa tradicional Gran Mexillonada Popular, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina.
O mércores 15, primeiro día grande das festas, haberá sesión vermú coa orquestra Supertop. Pola tarde celebrarase a misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola Coral Terramar, á que seguirá a tradicional baixada da Virxe do Carme ata o peirao, organizada pola Asociación Mar de San Cibrao e acompañada pola Banda San Inocencio de Burela e polo grupo de gaitas A Rebolaxe.
Durante este emotivo acto renderase unha homenaxe a Luis Orive López Canoura, colaborador durante moitos anos da procesión e persoa moi vencellada á organización desta celebración, falecido recentemente e cuxa ausencia será especialmente lembrada nesta edición.
A xornada rematará cunha gran verbena na Praza dos Campos coa orquestra Supertop e o grupo Kubo.
O xoves 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne no peirao, cantada pola Coral Terramar. Ao remate terá lugar a tradicional Ofrenda Floral en honra dos mariñeiros falecidos, a cargo de Geluca, veciña da vila, seguida da procesión da Virxe ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, organizada tamén pola Asociación Mar de San Cibrao e acompañada pola banda de música O Landro, de Viveiro.
Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que volverá actuar na gran verbena das 22:00 horas xunto ao grupo Arizona.
A programación festiva completarase o venres 17 de xullo co Festival Folklórico Internacional, a partir das 20:00 horas, e o sábado 18 co Festival Folklórico Infantil, a partir das 19:00 horas, ambos na Praza dos Campos e organizados polo Grupo Folklórico Mistura coa colaboración do Concello.
Cómpre destacar tamén a colaboración da Asociación Mulleres de San Cibrao, encargada da decoración floral que engalana as rúas e os espazos polos que discorre a procesión, contribuíndo a crear a imaxe característica destas festas, así como da Anxuela, que tamén colabora nos festexos.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “estas festas son unha das celebracións máis sentidas do calendario local e representan á perfección o vínculo de San Cibrao co mar e coas súas tradicións. Son días nos que veciñanza, asociacións e visitantes comparten espazos e emocións arredor dunha celebración que forma parte da nosa identidade”.
A rexedora tamén quixo agradecer “o compromiso e o traballo das entidades colaboradoras, das asociacións e das persoas voluntarias que fan posible que cada ano esta festa manteña vivo o seu carácter popular e participativo”, ao tempo que animou á veciñanza e ás persoas que visiten a vila “a desfrutar dunha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música, a convivencia e os actos máis emblemáticos da nosa tradición mariñeira”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



