O voceiro, Manuel Rouco, censura que “a rexedora socialista volvera facer alarde da súa prepotencia asumindo competencias que lle son totalmente alleas e impropias”
Burela, 15 de xullo de 2026. O Grupo Municipal Popular acusa á alcaldesa de “someter ao Concello de Burela a unha degradación institucional” ao encadear irregularidades e avanza que “non imos quedar de brazos cruzados: imos tomar medidas para restituír a legalidade subtraída pola señora López Moreno”.
Así o expuxo o portavoz, Manuel Rouco, despois do último Pleno extraordinario celebrado o pasado luns cun único punto da orde do día que era un expediente cuxa base é exactamente igual á doutro expediente de suplemento de crédito elevado ao último pleno ordinario e que quedara enriba da mesa.
Nese sentido, aclara que “o expediente debería volver a traerse a Pleno, que é o único órgano que ten a competencia de aprobalo ou rexeitalo; pero a alcaldesa desistiu de forma unilateral, por providencia de alcaldía, algo que é totalmente ilegal segundo o ordenamento xurídico”.
O popular lembra que “o expediente anterior fora retirado polos cuantiosos e numerosos erros que se atoparon no mesmo, con cantidades que non tiñan ningún sentido”.
E, neste último expediente que aprobaron en virtude da maioría que ten no Pleno o equipo de goberno da señora López Moreno que apoiou a súa irregularidade, tamén se atoparon erros: un maior gasto que no expediente sobre o que desistiu a propia alcaldesa e a duplicidade de partidas duns 45.000 euros que foi corrixida tras ser detectada polos populares na Comisión Informativa previa.
PREPOTENCIA
A rexedora socialista “volveu facer alarde da súa prepotencia asumindo competencias que lle son totalmente alleas e impropias”. Nese sentido, os populares consideran “un esperpento a autocompracencia da señora López Moreno por crer que pode facelo todo e estar por riba de lei tomando decisións que non lle corresponden, senón que son competencia do Pleno, o máximo órgano de goberno do Concello e onde reside a soberanía dos veciños e veciñas de Burela”.


















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



