Cervo, 15 de xullo de 2026. O Concello de Cervo amplía desde este mércores, 15 de xullo, e durante toda a tempada estival, a franxa horaria de reserva da pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, que poderá utilizarse todos os días entre as 08:00 e as 21:00 horas.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, explica que esta medida é posible ao non haber durante o verán competición oficial nin adestramentos regulares, polo que a instalación permanecerá dispoñible nun horario máis amplo para as persoas usuarias.
Como principal novidade, a pista tamén poderá reservarse durante as fins de semana, algo que non era posible durante a tempada de inverno debido á celebración da competición oficial no complexo deportivo. Deste xeito, durante os meses de verán a instalación estará dispoñible de luns a domingo, de 08:00 a 21:00 horas.
Unicamente permanecerán bloqueadas aquelas datas e franxas horarias nas que estean previstos eventos deportivos puntuais ou competicións. É o caso da Carreira Maruxaina, que se celebra este sábado e para a que a pista estará reservada.
As reservas deberán realizarse a través do apartado “Reservas de Espazos Deportivos” da páxina web do Concello de Cervo, onde as persoas usuarias poden seleccionar a franxa horaria dispoñible para facer uso da pista.
Para utilizar esta instalación é imprescindible estar federado/a. Unha vez formalizada a reserva a través da plataforma, as persoas usuarias deberán recoller a chave de acceso na piscina municipal.
O Concello lembra que este sistema de reserva telemática facilita a xestión das instalacións deportivas municipais e permite ás persoas usuarias acceder ao servizo de forma rápida, cómoda e organizada.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.


