Para a novísima ala burelá esta será a segunda tempada no equipo sénior
Burela, 15 de xullo, 2026. Sandra Pumares García (Burela, 2007) continuará no Reyco Burela FS. A ala, de tan só 18 anos, convértese na primeira peza do conxunto de Javier Pardeiro en Segunda División.
Medrando no fútbol a través do AD Río Ouro e a SD Burela, Sandra chegou á estrutura burelista hai tres exercicios, destacando pola súa velocidade e técnica, calidades que tamén despregou na súa estrea na máxima categoría.
A 8 laranxa é unha abandeirada da casa, exemplo e espello da nosa base. Xunto á súa rapidez, Sandra tamén sobresae en desborde e situacións de un para un.
Ganas de seguir medrando
“Sei que vai ser unha tempada esixente, pero estou preparada para traballar ao máximo e axudar ao equipo en todo o que poida. Afronto este novo reto con moita ilusión e con ganas de seguir medrando” confesaba a burelá, moi motivada: “Espero unha tempada moi bonita. O cambio de categoría e de adestrador é un estímulo máis para seguir aprendendo e mellorando cada día”.
Neste camiño de crecemento persoal e colectivo, para Sandra a bancada laranxa tamén é vital: “Quero darlles as grazas polo apoio que nos dan en cada partido. O seu ánimo é moi importante para todas nós e espero que sigan acompañándonos esta tempada”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.


