O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o papel de dinamización social e cultural das instalacións, que inclúen programación propia e en colaboración co tecido asociativo e entidades da zona
Vilalba, 15 de xullo de 2026. Un total de 630 persoas participaron nas actividades ofrecidas no primeiro semestre do ano no Centro Sociocomunitario da Xunta en Vilalba. O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe as instalacións e destacou que xogan un importante papel de dinamización social e cultural, acollendo tanto programación propia como en colaboración co tecido asociativo e entidades da contorna.
Neste período impartíronse máis dunha trintena de actividades formativas, como cursos de informática, de estimulación cognitiva ou de ximnasia, e tamén se desenvolven ao longo do ano obradoiros sobre distintas materias e xornadas de lecer. Ademais, a Xunta oferta os servizos de podoloxía e fisioterapia, que foron utilizados por case 500 usuarios.
Entre as entidades colaboradoras na organización destas accións figuran a Asociación de Persoas con Discapacidade Benjamín Paz (AMBEPA), a Asociación de Mulleres Amizade, La Caixa, Cogami, a Asociación de Voluntarios de Informática de Galicia, Escola de Cidadáns e a coral Luar.
A rede de centros sociocomunitarios da Consellería de Política Social e Igualdade pretende principalmente favorecer o envellecemento activo e o benestar das persoas maiores, pero tamén ser lugares para a convivencia interxeracional. Na provincia están situados, ademais de en Vilalba, en Lugo, Mondoñedo e Ribadeo.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



