Cervo, 17 de xullo do 2026. O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a vivir con intensidade a gran final do Mundial de fútbol, que se disputará este domingo, nun ambiente festivo e de convivencia na Praza dos Campos.
Para a ocasión, instalarase unha pantalla xigante na que se poderá seguir en directo o encontro, convertendo este espazo nun punto de encontro para todas aquelas persoas que queiran animar á nosa selección neste decisivo partido fronte a Arxentina.
A programación comezará ás 18:00 horas con animación musical, á que se sumarán diferentes actividades para todos os públicos, entre elas un pintacaras e un photomatón, creando así un ambiente festivo antes do inicio do partido.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, anima á veciñanza a participar nesta cita: “Queremos que a Praza dos Campos sexa o gran punto de encontro para vivir unha xornada inesquecible. Agardamos que moitas familias, mozos e maiores se acheguen para gozar xuntos deste gran acontecemento deportivo, nun ambiente de festa, ilusión e convivencia.
A rexedora engade que “desde Cervo queremos enviarlle toda a nosa forza e o noso apoio á selección española neste encontro decisivo contra Arxentina. Agardamos que entre todos poidamos empuxar desde a distancia e celebrar un novo éxito do noso fútbol.”
Co obxectivo de garantir que a xornada se desenvolva con total normalidade e seguridade, establecerase un control dos accesos ao recinto. Non se permitirá o acceso con bebidas alcohólicas procedentes do exterior, co fin de evitar o consumo non autorizado e favorecer o consumo nos establecementos de hostalaría da contorna. As bebidas adquiridas nos locais da zona ou nos puntos de venda autorizados poderán consumirse no recinto do evento.
Desde o Concello de Cervo anímase a toda a veciñanza a vestir as cores da selección e a achegarse á Praza dos Campos para desfrutar dunha tarde chea de música, animación e emoción, confiando en que España poida proclamarse campioa do mundo.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



