A Presidenta da Deputación mantivo un encontro con membros da Federación Española de Surfing para definir a programación dun evento co que, “queremos seguir situando á Mariña como un destino de referencia para o turismo deportivo e sostible, ao tempo que promovemos a igualdade a través do deporte”
Lugo, 18 de xullo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, mantivo un encontro na praia da Marosa cos responsables da Federación Española de Surfing para ultimar a programación do Iberdrola Surfing Day Burela, un evento deportivo e divulgativo que terá lugar o vindeiro 12 de setembro neste areal mariñán. A Xunta de Goberno deste venres aprobou contratar á Federación para levar a cabo a organización deste evento que desenvolverá actividades dirixidas tanto a deportistas como ao público en xeral.
Carmela López destacou que esta iniciativa representa unha nova aposta da Deputación “por combinar deporte, igualdade, promoción turística e respecto polo medio mariño, aproveitando o enorme potencial do litoral lucense”. Neste senso, subliñou que “a praia da Marosa converterase no epicentro do surf feminino nacional e para seguir consolidando a Mariña como un destino de referencia para o turismo deportivo e sostible”.
A Presidenta lembrou que a igualdade é un dos eixos prioritarios da acción do Goberno da Deputación, contribuíndo a eliminar barreiras, crear referentes femininos e fomentar unha maior participación das mulleres de forma transversal. “O Iberdrola Surfing Day Burela contribuirá a dar visibilidade ao surf feminino entre as novas xeracións, promovendo a igualdade de oportunidades a través do deporte e transmitindo valores como o esforzo, a superación e o traballo en equipo”, afirmou.
Programa da xornada
A programación do Iberdrola Surfing Day Burela desenvolverase ao longo de toda a xornada combinando deporte, formación, divulgación e sensibilización ambiental. O evento terá como principal atractivo unha masterclass e un clinic de surf impartidos pola deportista internacional Janire González Etxabarri, unha das grandes referencias do surf español, quen compartirá a súa experiencia coa canteira feminina galega a través dunha sesión práctica na auga, correccións técnicas personalizadas e un encontro coas participantes.
A xornada incluirá tamén bautismos gratuítos de surf dirixidos a mulleres sen experiencia previa, co obxectivo de facilitar o acceso a este deporte e fomentar a súa práctica entre novos públicos. Ademais, celebrarase o encontro Muller e Deporte, unha mesa redonda aberta ao público na que representantes institucionais, da Federación Española de Surfing, de Iberdrola e deportistas de referencia abordarán cuestións como a igualdade no deporte, a importancia dos referentes femininos ou o futuro do surf olímpico.
O programa completarase cun espazo aberto á cidadanía con actividades de dinamización, un photocall institucional, música e diferentes propostas divulgativas sobre sustentabilidade e protección do medio mariño, reforzando o compromiso do evento coa conservación da contorna e coa promoción dun modelo de turismo deportivo responsable.

























A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.

