Nota de prensa:
REMOURELLE E RIBADEO ACOLLERÁN DOUS OBRADOIROS A PARTIRES DO VINDEIRO 12 DE XANEIRO. A INSCRICIÓN NO CIM XA ESTÁ ABERTA.
Ribadeo, 4 de xaneiro de 2011. Remourelle e Ribadeo acollerán dous obradoiros a partires do vindeiro 12 de xaneiro. A inscrición no CIM xa está aberta. A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, anima á participación nestas novas actividades organizadas polo seu departamento.
A edil nacionalista lembrou que “estes obradoiros ao igual que o resto das actividades previstas para este semestre foron aprobadas polo Consello Municipal da Muller”. Álvarez Lastra explicou que “os primeiros talleres comezan o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase dun taller de memoria que se desenvolverá en Remourelle os martes de tres e media a cinco e media da tarde, e en Ribadeo haberá outro para previr a depresión na Casa da Xuventude tamén a partires do 12 de xaneiro de seis e media a oito e media da tarde”.
A concelleira da Muller sinalou que “estes talleres tentan dinamizar a actividade que temos no noso concello, pero sobre todo, previr aqueles problemas que hoxe existen e para axudarnos a traballar a nosa memoria co fin de ter unha mellor calidade de vida. Ditos obradoiros son totalmente gratuitos e abertos a todas aquelas persoas que desexen participar, simplemente o que hai que facer é chamar ao teléfono 982 120 739 para anotarse porque son 25 prazas as que se ofertan en cada taller”. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o mesmo día que den comezo ditas actividades, que terán unha duración de catro sesións, cada un deles.
Mariluz Álvarez Lastra subliñou que “os talleres de Remourelle e de Ribadeo están abertos para que todo o mundo que o desexe, sexa da parroquia que sexa ou da vila, poidan participar en calquera destas citas. Estarán impartidos por persoas que xa participaron con nós en actividades que tiveron moi boa acollida. Animar a todas as persoas a que acudan a estes obradoiros que darán comezo a vindeira semana”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



