A cita gastronómica comezará ás 13:30 horas, coa venda de tickets desde as 13:00 horas.
Está previsto repartir arredor de 1.200 racións de caldeirada e 800 de sardiña lañada
Cariño, 27 de xullo, 2026. O Concello de Cariño celebrará este sábado, 1 de agosto, unha das citas máis tradicionais do verán no municipio: a XXIII Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada, que terá lugar na Praza Roxa a partir das 13:30 horas. Organizada polo Concello de Cariño, a xornada volverá reunir a veciños, veciñas e visitantes arredor de dous dos pratos máis representativos da gastronomía local.
A venda de tickets comezará ás 13:00 horas, media hora antes do inicio do servizo. Para esta edición, está previsto repartir 2.000 racións, cunha estimación de 1.200 racións de caldeirada e 800 racións de sardiña lañada, consolidando unha cita que cada verán pon en valor os produtos do mar e as receitas tradicionais que forman parte da identidade gastronómica do municipio.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “esta fiesta es una magnífica oportunidad para compartir nuestras tradiciones, disfrutar de la gastronomía local y seguir mostrando a quienes nos visitan la riqueza cultural y culinaria de Cariño”.
Así mesmo, a rexedora quixo agradecer “la implicación de todas las personas y asociaciones que colaboran desinteresadamente y que, con su trabajo y dedicación, hacen posible que esta celebración continúe siendo un referente año tras año”.
López anima a veciños, veciñas e visitantes a achegarse este sábado á Praza Roxa para gozar dunha xornada de convivencia arredor de dous dos pratos máis emblemáticos da cociña tradicional de Cariño, nunha das celebracións gastronómicas máis destacadas do calendario estival do municipio.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



