Cervo, 8 de agosto, 2026. O Concello de Cervo celebra a 41ª edición da Festa da Maruxaina, unha das citas máis emblemáticas do verán galego e unha festa declarada de Interese Turístico Galego que volverá converter San Cibrao no epicentro da tradición mariñeira, da cultura popular e da convivencia.
Durante varios días desenvolverase unha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música de rúa, a gastronomía, os actos tradicionais e, como gran protagonista, a chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno.
Como complemento ás actividades, desde o luns 3 ata o xoves día 6, houbo tamén viaxes en barco aos Farillóns con saída desde o porto de San Cibrao.
O ambiente festivo foi medrando coa celebración da Pre-Maruxaina, o venres 7 de agosto, con concentración de Maruxain@s, degustación popular de empanadas e bolos preñados e os xa tradicionais Cantos de Taberna, que percorreron os locais hostaleiros da vila enchendo de música as rúas de San Cibrao. A xornada incluiu tamén o acto de nomeamento d@ Maruxain@ de Honra 2026, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina. A xornada estará amenizada polo grupo A Rebolaxe.
O sábado 8 de agosto, día grande da celebración, arrancará ás 11:00 horas cun novo chupinazo e pasarrúas. Ás 12:00 horas celebrarase o desfile popular “Engaiolamos á Maruxaina”, ao son do corno mariñeiro e das gaitas.
Ao longo da mañá serán a Charanga Tambukada, Louband Street Band, Os Charangos e a Charanga Santa Compaña as encargadas de poñer a banda sonora da festa, percorrendo as rúas e animando veciños e visitantes.
Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a Praia do Torno acollerá os tradicionais Xogos da Maruxaina, organizados pola Asociación Mar de San Ciprián, con diferentes probas populares que cada ano reúnen a participantes de todas as idades.
O momento máis esperado chegará ás 23:00 horas, cando a Maruxaina desembarque na Praia do Torno acompañada polos mariñeiros, nun espectáculo único que volverá encher de emoción e simbolismo a noite cervense e que culminará cun espectáculo de fogos artificiais.
A continuación, coa colaboración de Amigos da Maruxaina e de Mar de San Ciprián, celebrarase o tradicional Xuízo Popular á Maruxaina, antes de iniciar o percorrido ata a praza, onde continuará a celebración, coa actuación tamén do grupo Folclórico de Mistura e cunha gran Queimada Popular na Praza dos Campos.
O peche da festa correrá a cargo do Grupo Elebe 2.0 e da Orquestra Arizona, que ofrecerán a gran verbena.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “a Maruxaina é moito máis ca unha festa; é un sinal de identidade que forma parte da nosa historia”. Cada edición consegue implicar a centos de persoas, asociacións e colectivos que traballan durante meses para que San Cibrao volva vivir unha fin de semana inesquecible”.
A rexedora subliñou tamén que “desde o Concello seguimos apostando por conservar a esencia dunha celebración que soubo medrar sen perder a súa autenticidade. Queremos que quen nos visite descubra unha festa diferente, nacida da tradición popular e da implicación dun pobo enteiro”.
García Caramés aproveitou para convidar a veciños e visitantes a participar: “Animamos a toda a xente a achegarse a San Ciprián e vivir a Maruxaina con responsabilidade, respecto e ganas de gozar. Estamos convencidos de que volveremos demostrar por qué esta é unha das festas máis singulares e queridas de Galicia”.
Co obxectivo de garantir o normal desenvolvemento de todos os actos, o Concello contará cun importante dispositivo de seguridade coordinado cos diferentes corpos e forzas de seguridade. Ademais, durante toda a celebración permanecerán operativos un Punto Lila e un posto de seguridade para ofrecer información, atención e reforzar a prevención.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



