A Mariña, 29 de xullo de 2026. Hai máis dun ano, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña pendurara no valado metálico do porto deportivo de Viveiro, fronte ao Centro de Saúde, unha faixa co lema “Pola resurrección da nosa sanidade”, denunciando a grave situación que viven os veciños e veciñas pola falta de persoal facultativo no centro. A iniciativa, pacífica e cargada de retranca, facía referencia ao evento rockeiro de Lavandeiras e simbolizaba o que milleiros de viveirenses reclamaron en concentracións e manifestacións ao longo destes anos.
Os problemas no Centro de Saúde de Viveiro agrávanse día a día, pero a pancarta xa non está alí. Nos últimos días, persoal de Portos de Galicia —ente público dependente da Consellería do Mar e responsable da xestión do porto— ordenou a súa retirada.
“Procedemos a retirar a pancarta tal como nos indicaron e buscaremos outra ubicación, pero o que si poden ter claro no Partido Popular é que non imos ceder nin un milímetro na nosa loita pola defensa da sanidade pública xunto cos veciños e veciñas de Viveiro e da Mariña”, manifestou a portavoz da Plataforma, Montse Porteiro. Engadiu que o que debe facer o PP é “resolver os graves problemas que afectan á sanidade pública en Viveiro, en lugar de eliminar expresións gráficas reivindicativas que non molestaban a ninguén, nin medioambiental nin esteticamente, nin supuñan perigo para a circulación ou para os peóns”.
“Que teñan por seguro que non nos calarán”, concluíu Porteiro.
Graves problemas asistenciais en Viveiro e no conxunto da comarca
O Centro de Saúde de Viveiro leva moito tempo sufrindo graves problemas asistenciais derivados da falta de substitución de profesionais ausentes. O centro debería contar con once médic@s de familia en quendas de mañá e tarde, pero no mellor dos casos dispón de seis facultativ@s que deben asumir o traballo de once. Esta situación provoca unha sobrecarga asistencial que xera estrés, presión e mesmo problemas de saúde entre o persoal, ao tempo que dispara os tempos de agarda ata cifras alarmantes. Nestes días, a Plataforma asegura que hai esperas de ata dous meses para unha consulta de medicina de familia.
A mesma problemática repítese no conxunto da Atención Primaria da Mariña, onde moitas localidades multiplican por cinco a súa poboación durante o verán sen contar con reforzos suficientes para atender ás persoas desprazadas. Isto agrava a sobrecarga, incrementa as agardas e provoca un caos asistencial ao longo de toda a comarca.
Desde a Plataforma instan ao PP a poñer o mesmo empeño en solucionar os problemas da atención sanitaria que, afirman, está a poñer en intentar silenciar as reivindicacións veciñais.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



