Burela, 29 de xullo, 2026. Adrián Rodríguez Marín (Almería, 02/03/2004), máis coñecido como Adri Mora, incorpórase ao Reyco Burela FS. O ala-peche andaluz chega en calidade de cedido polo recentemente ascendido a Primeira Inagroup El Ejido Futsal.
Formado nas categorías de base do club ejidense e ElPozo Murcia Costa Cálida, Adri Mora estivo estivo cedido no Avanza Jaén en 2024 e disputou a segunda volta de 2025-26 co Melistar.
O novo xogador laranxa chega para achegar mocidade e experiencia na categoría; Adri Mora é un bo defensor de pivotes dominantes, con boa envergadura e pegada exterior. “Son un xogador moi intenso, competitivo e con ganas de aprender e seguir medrando. Destaco pola miña gran capacidade defensiva e verticalidade, aínda que podería axudar en moitas outras facetas” así se define o ala-peche, de 22 anos.
“Chego cunhas expectativas moi altas xa que é un equipo ben estruturado que está facendo as cousas moi ben. Ademais quero demostrar quen son e de onde veño para devolver toda confianza que depositaron en min” recoñecía Adri Mora, sendo a cuarta novidade do vestiario de Juanma Marrube, co porteiro hispano-brasileiro João Victor, o ala andorrano Adriá Blat -tamén cedido desde El Ejido- e o pivote valenciano Pablo Moreno.
O almeriense non ve a hora de contaxiarse do “espírito laranxa”: “Coñezo o ambiente e a vila polas veces que xogamos en contra e a verdade é moi bonito e acolledor; teño moitas ganas de dar moitas alegrías á afección e a xente de Burela”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



