Burela, 30 de xullo, 2026. Nicholas López Castro (Miami, 2002) cumprirá a súa segunda tempada no Reyco Burela FS. O ala pecha as renovacións do bloque de Juanma Marrube, despois das confirmacións de Pitero, Izan, Raid e Alán.
Formado na escola laranxa, Nico incorporouse ao vestiario do Mariskal como reforzo de inverno procedente do Xove FS, tras varios meses participando nos adestramentos do primeiro equipo.
“Seguir en Burela significa moitísimo para min. Burela é o pobo onde medrei, así que poder defender as cores deste club é algo moi especial. Desde que cheguei sentinme como na casa e tiña claro que quería continuar porque creo neste proxecto. Estou moi agradecido pola confianza que o club depositou en min e con moitas ganas de seguir medrando e axudando ao equipo”, confesaba o 77 laranxa, que reside na vila mariñá desde os 11 anos.
O ala zurdo será unha das cinco pezas de continuidade no proxecto, tras a súa primeira experiencia en Segunda, da que extrae unha lectura moi enriquecedora:
“A tempada pasada ensinoume que hai que ter paciencia, traballar todos os días e aproveitar cada oportunidade. Aprendín moito, tanto nos bos como nos malos momentos, e todo iso axudarame a afrontar esta nova tempada con máis experiencia, máis confianza e con moitas ganas de seguir crecendo e axudando ao equipo”.
Nico vese con confianza e ilusión, e destaca a súa conexión con Juanma Marrube:
“Creo que veremos a un Nico con moita máis confianza e con moitísimas ganas de competir. Este ano o equipo cambiou moito, pero estou moi ilusionado co proxecto. Ademais, xa coñezo a forma de xogar que quere o adestrador e o que espera de min dentro da pista, así que iso axudarame a adaptarme desde o primeiro día. Persoalmente, teño moitas ganas de comer a pista, demostrar quen son de verdade e axudar ao equipo para conseguir os seus obxectivos”.
O conxunto mariñán tamén contará coas novidades do meta hispano-brasileiro João Victor, o ala andorrano Adriá Blat, o pivote valenciano Pablo Moreno e o ala-peche almeriense Adri Mora.


























O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
