O Vicedo, 30 de xullo, 2026. As actividades socioculturais do mes de agosto organizadas polo Concello do Vicedo comezan cunha proposta destacada: unha ruta en kayaks polo Río Sor, que terá lugar o mércores 5 de agosto ás 10:00 horas.
A actividade partirá do porto deportivo do Vicedo, desde onde se trasladará ás persoas participantes ata Ribeiras do Sor para iniciar o descenso, que finalizará novamente no porto vicedense.
Duración: 2 horas
Prezo: 20 € (inclúe materiais e transporte)
Inscricións: 982 59 01 95 · omix@concellodovicedo.org
Prazas limitadas
Esta actividade forma parte dun programa máis amplo que se desenvolverá ao longo de todo o mes:
Actividades de natureza
8 de agosto, 10:00 h – Río Sor, remansos de paz e biodiversidade: paseo pola Ruta Morgallón – Río Sor – Morgallón.
Distancia: 9 km · Duración: 3 h · Gratuita · Inscricións: rutasgalicianorte@gmail.com
12 de agosto, 10:00 h – As Laxes, un balcón sobre a Coelleira: ruta pola costa entre Xilloi e o miradoiro das Laxes.
Distancia: 8 km · Duración: 3 h · Gratuita · Inscricións: rutasgalicianorte@gmail.com
(Non é unha visita á illa)
19 de agosto, 22:15 h – Ruta nocturna: Praia de Abrela – Fuciño do Porco – Pereira – Abrela.
Distancia: 7 km · Punto de encontro: Chiringuito de Abrela
Requírese calzado adecuado e luz frontal · Inscricións: 982 59 01 95 · omix@concellodovicedo.org
26 de agosto, 10:00 h – Os Moutillós, as pegadas dos normandos: xeoloxía e historia do asentamento viquingo.
Distancia: 4 km · Duración: 3 h · Gratuita · Inscricións: rutasgalicianorte@gmail.com
Karaoke de verán
Xoves 13 de agosto, 22:00 h – Terraza da Casa da Cultura
Actividade aberta a todos os públicos.
Concurso de fotografía turística
Martes 18 de agosto, 20:30 h – Casa da Cultura
Proxección das fotografías e entrega de premios.
Bases dispoñibles en concellodovicedo.org
Concurso de figuras de area
Xoves 20 de agosto, 16:15 h – Praia de Xilloi
Categorías: infantil, xuvenil e adultos.


























O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Comezou onte ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



