Cervo, 30 de xullo, 2026. O PSdeG de Cervo e UGT Servizos Públicos alertan dunha grave situación sanitaria no municipio, marcada pola cancelación de consultas sen aviso previo, a falta de comunicación coas persoas usuarias e a previsión de que, durante o mes de agosto, só haxa un médico para atender os dous centros de saúde de Cervo e San Cibrao.
O Grupo Municipal Socialista denunciou que o pasado luns numerosos pacientes acudiron ao centro de saúde de San Cibrao e descubriron alí que unha das médicas non estaba e que as súas citas foran canceladas sen comunicación previa por parte do Sergas. A voceira socialista, Mª Luján Ramos, explicou que a situación se viu agravada pola falta de apoio no servizo de recepción, atendido nese momento por unha traballadora recentemente incorporada que non contou cos medios necesarios para ofrecer solucións. “A responsabilidade non pode recaer sobre a traballadora. É o Sergas quen debe garantir formación e apoio para atender correctamente á veciñanza”, subliñou.
Entre as persoas afectadas había pacientes que precisaban renovar receitas, revisar baixas laborais ou realizar consultas que non podían ser adiadas. Ramos advertiu de que esta problemática afecta especialmente ás persoas maiores, que non utilizan smartphones nin manexan a aplicación do Sergas: “Non se pode pretender que toda a poboación entre nun sistema dixital que deixa atrás ás persoas maiores. Debe haber atención presencial e persoal suficiente”.
A esta incidencia súmase a falta de persoal médico prevista para agosto. Segundo o PSdeG, durante ese mes só haberá un facultativo para atender os dous centros sanitarios do municipio, malia que lle corresponden tres profesionais. A voceira socialista advertiu de que esta situación é especialmente preocupante no verán, cando a poboación practicamente se duplica: “O Sergas está consolidando unha tendencia moi preocupante: deixar un único médico para atender todo o concello e obrigar os profesionais a asumir unha carga asistencial inasumible”.
UGT Servizos Públicos coincide en sinalar a gravidade da situación e denuncia que, de non adoptarse medidas urxentes, Cervo podería quedar cun único médico para toda a poboación. O sindicato considera que isto supón un novo golpe á Atención Primaria e á sanidade pública, e lembra que a carencia de profesionais é un problema que se repite en toda a provincia de Lugo. A falta de planificación e de medidas eficaces para captar e fidelizar persoal está provocando que numerosos centros de saúde vexan reducidos os seus efectivos, comprometendo a asistencia sanitaria.
UGT advirte tamén do incremento da poboación durante determinadas épocas do ano, o que aumenta a presión asistencial e satura os Puntos de Atención Continuada (PAC), que continúan traballando cos mesmos equipos humanos. “É imposible garantir unha atención segura e de calidade cando un só profesional debe asumir toda a carga asistencial”, sinala a organización.
Tanto o PSdeG como UGT Servizos Públicos coinciden en que a veciñanza de Cervo ten dereito a unha atención sanitaria digna e que a falta de profesionais non pode servir de escusa para deteriorar os servizos públicos nin para condenar o rural a unha sanidade de segunda. Ambas organizacións esixen ao Sergas e á Consellería de Sanidade que cubran as prazas médicas que lle corresponden ao municipio, garanticen a substitución das ausencias e establezan un sistema efectivo de comunicación cos pacientes cando se produzan cambios ou cancelacións nas consultas.
UGT conclúe que “a saúde da cidadanía non pode esperar”, mentres que o PSdeG asegura que continuará fiscalizando a situación e defendendo os dereitos da veciñanza ata que se garanta unha atención pública, universal e de calidade.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



