Viveiro, 30 de xullo, 2026. O Grupo Municipal Socialista trasladará ao Pleno a preocupación existente entre os veciños e veciñas de Vieiro polo estado de conservación de diversas instalacións municipais, tras comprobar persoalmente múltiples deficiencias durante as visitas realizadas á parroquia.
En primeiro lugar, o Grupo constatou o deterioro dos vestiarios do Campo das Douradas, que presentan portas danadas e paneis rotos, unha situación impropia dunhas instalacións deportivas municipais e que require unha reparación inmediata para garantir a súa seguridade e conservación. No parque infantil do Souto da Feira e na contorna do recinto tamén se observa unha evidente falta de mantemento, con zonas de terra e céspede moi deteriorado, acumulación de maleza e unha imaxe de abandono que non se corresponde co espazo que merecen as familias e a veciñanza.
Do mesmo xeito, nas marxes e noiros próximos ao campo deportivo persiste unha gran cantidade de vexetación sen limpar, así como materiais e apeiros depositados sen motivo aparente, o que contribúe a deteriorar a imaxe do recinto. O Grupo chama tamén a atención sobre a presenza, desde hai tempo, de numerosas tubaxes de gran diámetro almacenadas no aparcadoiro do Campo das Douradas, ocupando unha parte importante do espazo destinado ao estacionamento. Descoñécese a que obra ou proxecto corresponden e por que continúan depositadas nese lugar. Ademais, existen montes de terra acumulados na zona onde proximamente se celebrará a festa, así como a ausencia dun poste de cemento retirado por estar roto e a falta de reposición da rede existente nese espazo.
Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista formula un rogo para que se proceda á reparación inmediata dos vestiarios, á limpeza e acondicionamento integral do parque infantil e da contorna do recinto, á retirada dos materiais almacenados e á aclaración por parte do Goberno municipal sobre o destino das tubaxes depositadas no aparcadoiro e o prazo previsto para a súa retirada.
O Grupo manifesta tamén a súa preocupación polo estado dos aseos públicos do Parque Pernas Peón, que presentan numerosas pintadas e danos derivados de actos vandálicos. Aínda que estes feitos non son responsabilidade directa do Concello, si o é garantir o bo estado das instalacións municipais e actuar con dilixencia ante este tipo de situacións. A imaxe actual dos aseos é impropia dun parque tan frecuentado por familias, nenos e persoas maiores.
A esta situación súmase o estado lamentable do estanque dos patos do mesmo parque, que durante a recente visita da conselleira de Medio Ambiente presentaba moi pouca auga, sucidade acumulada, algas e mesmo un pato morto flotando desde facía varios días, segundo trasladaron varios veciños. Numerosos cidadáns tamén comentan que os patos se achegan continuamente ás persoas na procura de alimento, un reflexo do abandono que sofre o recinto. O Grupo lamenta que, mentres se organizan actos institucionais, se descoiden cuestións tan básicas como o mantemento deste espazo e o benestar dos animais.
Por todo iso, o Grupo Socialista solicita ao Pleno que o Goberno municipal actúe con urxencia, retirando o animal morto, limpando o estanque, restablecendo un nivel adecuado de auga e establecendo un mantemento periódico que evite que esta situación se repita. Así mesmo, pide a limpeza das pintadas e a restauración dos danos nos aseos públicos, ademais da adopción de medidas de prevención e vixilancia para evitar novos actos vandálicos.
O Grupo lembra tamén que hai dúas semanas denunciou publicamente o estado de abandono da Atalaia de Celeiro. A pesar de que o Goberno municipal realizou algunhas tarefas de limpeza tras aquela denuncia, a actuación quedou incompleta: persisten zonas con abundante maleza, espazos que precisan un mantemento máis exhaustivo, unha zanxa desbrozada só ao pé da celosía do muro e os peldaños das escaleiras de acceso ao núcleo continúan sen reparar. Por iso, o Grupo solicita que se completen os traballos pendentes para que este espazo emblemático presente as condicións que merece.
Finalmente, o Grupo quere coñecer cales son as previsións do Concello respecto ao grupo de vivendas da Cabana, onde os veciños veñen denunciando un importante crecemento da vexetación e unha evidente falta de mantemento das zonas comúns. Consideran que o mantemento periódico destes espazos é fundamental tanto pola imaxe do municipio como pola seguridade e calidade de vida da veciñanza. Tamén solicitan información sobre o plan de limpeza municipal anunciado polo Goberno popular para o ano 2025.

























Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


