Burela, 30 de xullo, 2026. Gustavo Henrique da Silva Barbosa (São Paulo, 13/11/2001) convértese na décima cara do Reyco Burela FS para 2026-27. O peche brasileiro chega á bisbarra da Mariña despois de defender ao UA Ceutí a tempada pasada.
Desde o São José Futsal do seu país natal, Gustavo Barbosa deu o salto ao fútbol sala español en 2023-24 co Alzira FS; en 2025-26 incorporouse ao conxunto ceutí en calidade de cedido desde o club valenciano.
“A miña principal motivación é a confianza que o club depositou en min e a ilusión de formar parte dun proxecto ambicioso. Sei que Burela é un club con historia e para min era unha grande oportunidade para seguir medrando como xogador e axudar ao equipo para conseguir os seus obxectivos”, así transmitía o peche as súas ganas polo novo reto.
Cinco renovacións e cinco incorporacións. Así se está construíndo polo momento o bloque de Juanma Marrube. “Véxoo como un proxecto moi ilusionante. Está a manterse unha base importante do equipo con varias renovacións e, ao mesmo tempo, chegan xogadores con ganas de achegar. Creo que iso xera unha mestura moi boa de continuidade, competitividade e ambición para loitar por grandes cousas esta tempada”, reflexionaba o brasileiro.
A súa carta de presentación: competitividade sen límites e afán de superación. “Intentarei achegar traballo, compromiso e moita intensidade en cada adestramento e en cada partido. Considérome un xogador que compite ata o último minuto e que quere seguir aprendendo e mellorando. Espero sumar tanto dentro como fóra da pista e axudar a crear un grupo forte”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.

