Ribadeo, 1 de agosto de 2026. O grupo ribadense de percusión Calabash volveu tocar despois de oitos anos sen facelo. Foi onte, venres, pola noite no auditorio municipal Hernán Naval, co acompañamento da Charanga A Choca como convidada nalgúns temas e ante unha gran cantidade de público.
O director de Calabash, Marcos Rodríguez Rodríguez, explica que “o auditorio viviu onte unha desas noites que quedan na memoria. Calabash regresou aos escenarios cun concerto no que a música foi a protagonista, pero tamén o reencontro entre compañeiros e amigos despois de tanto tempo sen tocar xuntos. O público respondeu enchendo practicamente o auditorio e, desde o primeiro tema, creouse un ambiente de festa e complicidade que acompañou toda a actuación”.
Nesta ocasión Calabash reuniu 29 músicos sobre o escenario para ofrecer un repertorio “cheo de ritmo e variedade, con pezas como Si antes te hubiera conocido, de Karol G; Ger Lucky, Lambada, Oye cómo va, Cruzin Jamaica ou Summer Fun, que fixeron gozar ao público durante toda a noite”, comenta Marcos Rodríguez, que destaca: “o momento máis especial chegou coa incorporación da Charanga A Choca, convidada para celebrar o 40º aniversario. Preto de 60 músicos compartiron escenario para interpretar Brasil e La vida es un carnaval, dous temas que converteron o auditorio nunha auténtica festa, coa participación e os aplausos dun público completamente entregado. Como broche final todos os músicos permaneceron no escenario para interpretar I Will Survive, un clásico de Calabash que puxo o peche perfecto a unha noite cargada de emoción. A resposta do público foi tan calorosa que obrigou a volver saír para ofrecer un bis, repetindo Brasil xunto á Charanga A Choca”.
Para o director de Calabash “ao remate do concerto quedaba a sensación de que o máis importante fora volver compartir escenario e volver facer música entre amigos. As felicitacións do público e os comentarios dos asistentes coincidían na mesma idea: foi unha noite especial, das que deixan pegada. A celebración continuou despois do concerto, xa fóra do auditorio, onde músicos e acompañantes puideron compartir un tempo de convivencia, lembrando anécdotas e comentando unha actuación que, para moitos, supuxo moito máis ca un concerto: foi un reencontro e unha nova páxina na historia de Calabash”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



